Sthela Táboas 20/10/2022

Preto dun centenar de persoas déronse cita no pavillón municipal para formar unha gran lazada rosa para sumarse á loita e apoio ás doentes

O Concello de Salceda, en colaboración coa Asociación de Diagnosticadas de Cancro de Mama –ADICAM-, conmemorou o Día do Cancro de Mama no seu pavillón municipal.

O acto organizado pola Concellería de Sanidade congregou a varias decenas de persoas, que baixo a coordinación das monitoras do Club de Patinaxe das Escolas Deportivas Municipais, realizaron un gran lazo humano sobre a pista do pavillón. Tamén asistiron ao mesmo a alcaldesa, Verónica Tourón, e concelleir@s da corporación municipal.

A cada unha das persoas que participaron se lles entregou unha camiseta de cor rosa e un pano conmemorativos do Día do cancro de Mama para colaborar con ADICAM, que esta a prestar na nosa contorna un gran servizo e apoio a todas as mulleres que padecen este tipo de cancro.

O Concello quere agradecer as persoas asistentes a súa solidariedade e apoio na participación deste acto, no que Salceda amosou unha vez mais, a súa sensibilidade con esta causa realizando este gran lazo humano.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad