Sthela Táboas 19/10/2022

Financiado polo Plan Concellos 2022 da Deputación de Pontevedra cun orzamento base de 165.019 €, o proxecto inclúe a reposición do firme do vial mais a mellora integral das pistas de baloncesto e fútbol do parque

O Concello do Porriño anunciou onte a licitación das obras dun vial municipal en Vilafría que, dende hai anos, se atopa en mal estado e precisa dunha rehabilitación integral do pavimento.

O proxecto, cun orzamento base de 165.019 € con cargo ao Plan Concellos 22 da Deputación de Pontevedra, inclúe tamén a mellora do torreiro das festas e da pista deportiva do parque que se atopa no lugar, algo moi demandado tanto pola veciñanza como pola comisión de festas.

Os traballos inclúen a mellora e reposición do firme de todo o vial, ademais da creación dunha senda peonil e dun paso de peóns elevado á altura do parque. Xa no interior do recinto do parque, volverase asfaltar unha superficie de preto de 900 m2, que inclúe a cancha de baloncesto e o campo de fútbol onde ademais se reporán novas porterías e canastas.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad