Sthela Táboas 16/10/2022

A Deputación de Pontevedra e o Consulado arxentino potencian aínda máis o Ciclo que arrancará o día 28 cunha xornada coloquio con directoras, produtoras, programadoras e actrices galegas e arxentinas, con tres días de proxeccións en Vigo e Bos Aires

O Museo de Arte Contemporáneo de Vigo volverá a acoller desde o 28 de outubro e ata o 24 de novembro unha nova edición de “Cinema Mulleres”,iniciativa impulsada pola Deputación e o Consulado da República Arxentinapara reivindicar e visibilizar o papel da muller na produción audiovisualnos dous lados do Atlántico.  Este segundo ciclo de cinema feministavolve aínda con máis forza, xa que aumenta os días de proxeccións que, amais, dan o salto cruzando o charco ata Arxentina, para chegar ao Centro Cultural 25 de Mayo en Bos Aires.

Cinema Mulleres ofrecerá este ano a proxección de ata sete curtas e longametraxes asinados por mulleres galegas e arxentinas, que serán abertas ao público. Son a longametraxe galega “Onde máis doe” e a curta arxentina “La cuarta ola”, que se proxectarán no Marco o 8 de novembro; a longametraxe arxentina “Las motitos” e a curta galega “”Benvidas ao club” o 17 de novembro; e finalizará en Arxentina o 24 de novembro no Centro Cultural 25 de Mayo de Bos Aires coa proxección das curtas galegas “Feminazi” e “As mulleres salvaxes”, e da longametraxe, tamén galega, “A poeta analfabeta”.

Este ciclo pretende construír coñecemento compartido e fomentar pensamento crítico sobre a desigualdade de xénero no cinema, reflexionando a partir da produción audiovisual galega e arxentina feita por mulleres. Nesta colaboración interinstitucionalda Deputación co Consulado, tamén destaca o labor do  Instituto Nacional de Cine e das Artes Audiovisuais da Arxentina (INCAA), este ano máis presentea través da presenza da coordinadora do programa“Gafas Violetas”que traballa na implementación de políticaspúblicas pola equidade de xénero.  

Previamente e como antesala do ciclo de proxeccións, o próximo28 de outubro celebrarase unha xornada coloquio na Galería A3 do Marco, tamén aberta á participación do público, na que participarán Lorena Daamonde, coordinadora do programa Gafas Violeta; Manane Rodríguez, directora de “Onde máis doe”; Alexandra Vázquez, actriz de “Benvidas ao Club”; Diana López, directora de “Feminazi”; Sonia Méndez, directora de “A poeta analfabeta”; e Eire García, directora de “As mulleres salvaxes”. Tamén, vía Zoom, participarán Carolina Zarzoso, programadora do Centro Cultural 25 de Maio de Bos Aires; Malena Chabrol, directora de “La cuarta ola” e Inés Barrionuevo, directora de “Las motitos”. O debate estará centrado nasdesigualdades que as mulleres no cinema sofren que tamén reflicten nas súas producións. A pesar da infrarrepresentación actual das mulleres no sector son moitas as que utilizan esta disciplina artística como ferramenta de cambio social, como vehículo para contar as historias das mulleres, moitas veces silenciadas, invisibilizadas, obviadas e mesmo censuradas. 

As persoas interesadas en asistir á xornada e ás proxeccións poden inscribirse xa no enderezo participa.cultura@depo.es

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad