Sthela Táboas 15/10/2022

Acompañado do seu burro “Espíritu Santo y Amén”, Enrique Balsera adica os seus días á peregrinación como promesa ao voltar a camiñar tras quedar parapléxico nun grave accidente de tráfico

Enrique Balsera, considerado o “peregrino máis famoso do mundo” é un dos personaxes máis emblemáticos do Camiño de Santiago, chegou onte á Fortaleza de Valença acompañado do seu burro “Espíritu Santo y Amén”.

En Valença, o Presidente da Câmara P, José Manuel Carpinteira, quiso saudalo dándolle a benvida á Fortaleza e desexándolle unha boa viaxe de peregrinación ata o Santuario de Fátima.

Esta nova etapa na vida do peregrino Enrique Balsera sitúao en Valença, camiño de Fátima, partindo de Santiago de Compostela e tendo como destino final Roma, Italia. Enrique Balsera declarouse “asombrado pola magnificencia da Fortaleza de Valença, unha auténtica xoia”.

Con 57 anos e natural de Córdoba, Enrique leva 6 anos adicado a percorrer diversos camiños de peregrinación, concretamente os camiños de Santiago, os camiños de Fátima e os camiños que levan aos santuarios de Caravaca de la Cruz e Santo Toribio de Liébana.

A vida de Enrique Balsera estivo sempre adicada ao automovilismo, como piloto de Lamborghini, pero un grave accidente de tráfico deixouno parapléxico, pero coa fortaleza de voltar camiñar, prometeuse que se o voltaba facer, sería peregrino de por vida. E así nace a historia e lenda deste peregrino que, algún, clasifican como o “peregrino máis famoso do mundo”.

O xeito libre e aberto de vestir e comunicarse, a compaña do seu burro “Espíritu Santo y Amén” e o seu bastón do peregrino cheo de recordos, fan deste personaxe un espírito emblemático que engaiola a todos polos camiños polos que pasa.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad