Sthela Táboas 15/10/2022

Coa presenza do presidente da Junta de Extremadura, Guillermo Fernández Vara, Carmela Silva recibiu o recoñecemento pola súa traxectoria e traballo na loita feminista declarando ser  “unha auténtica honra”

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, recolleu onte á tarde en Cáceres o Premio “Sumando Igualdad Charo Cordero” como recoñecemento “a súa longa traxectoria na loita feminista e para visibilizar o seu traballo pola Igualdade desde a política”, nun acto presidido polo presidente da Junta de Extremadura, Guillermo Fernández Vara, e ao que tamén asistiron o ex presidente Juan Carlos Rodríguez Ibarra, o alcalde de Cáceres, Luis Salaya ou a consejera de igualdade da Junta, Isabel Gil, entre outras autoridades.

Trátase da primeira edición destes Premios que levan o nome da ex presidenta da Deputación de Cáceres, Charo Cordero, falecida o pasado ano, unha das mulleres referentes no Estado na loita contra as desigualdades, no traballo para favorecer a presenza das mulleres ou no impulso de políticas no eido do reto demográfico. O acto de entrega celebrouse no Auditorio do Complexo Cultural San Francisco da cidade extremeña, no que a presidenta provincial recibiu un dos tres premios “Sumando Igualdad”, que tamén recaeron na Escuela Feminista Rural Valle del Jerte e na investigadora Laura Muñoz Encinar, polo seu traballo en prol dos dereitos humanos

Carmela Silva amosou a súa emoción ao recoller este galardón. “É unha grande honra recibir este premio que leva o nome dunha muller que eu tanto admiraba. Ao longo da vida profesional ou persoal podemos recibir algúns recoñecementos, dixo, pero este é para min moi especial”. A presidenta da Deputación, que agradeceu expresamente a presenza do presidente da Junta Fernández Vara e do ex presidente Rodríguez Ibarra, adicou o premio “a todas as mulleres feministas que construíron o proxecto da igualdade que é o máis revolucionario que nunca existiu”. Tamén valorou que o Premio chegue de Extremadura. “Na Deputación de Pontevedra defendemos as políticas de igualdade como un eixo central na toma de decisións. É moi importante que se nos recoñeza e que amais se faga nunha comunidade e nunha provincia como Cáceres onde levan tanto tempo desenvolvendo políticas coas que as mulleres están no centro”.

Na súa intervención, Carmela Silva fixo unha homenaxe a Charo Cordero “á compañeira e amiga con quen tanto compartín”, e lembrou as palabras que definiron a ex presidenta provincial de Cáceres “cando dicía que sempre hai tempo para  darlle vida aos soños”. “Era unha muller única que cría  profundamente nos dereitos das persoas e que defendía as políticas de igualdade para que as mulleres ocupásemos os espazos”. Tamén lembrou que Charo Cordero puxo no mapa as prioridades políticas da loita contra o despoboamento e todas as medidas que hoxe se están a reclamar para facer fronte ao reto demográfico”. Carmela Silva rematou a súa intervención cunha das frases que sempre caracterizaron á ex presidenta falecida. “Non deixemos nunca de soñar que se pode construír un mundo mellor”.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad