Sthela Táboas 07/10/2022

O Pleno do Concello de Mos aprobou o expediente de contratación dos servizos de recollida de lixo e limpeza viaria, que se adxudicará polo máximo legal de 5 anos

O Pleno do Concello de Mos aprobou hoxe en sesión ordinaria o expediente de contratación do novo contrato de servizos de recollida de lixo e limpeza viaria, que supón o doble do importe anual da anterior concesión, sen que isto supoña suba no importe da taxa para a veciñanza, que leva conxelada desde fai 10 anos. A última actualización da taxa municipal do lixo produciuse no ano 2012.

Outra novidade do novo contrato é que a duración anteriormente era de 3 anos, prorrogables ata en 2 ocasións por un ano máis. Agora o contrato adxudicarase polos 5 anos, que son o máximo legal, por considerarse unha fórmula máis resolutiva desde o punto de vista da xestión municipal e de custes, evitando trámites (prórrogas), e facéndoo máis atractivo para as empresas que se presenten.

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, destacou sobre todo a este respecto “o aumento do prezo do contrato, que non implica repercusión no cobro da taxa aos veciños, que seguirán a pagar o mesmo”. O importe do contrato actual aínda en vigor ascede a 525.149,94 € ao ano (sen IVE), mentres que a nova proposta elévase a case o dobre, alcanzando os 1.024.847,34 € anuais (sen IVE).

Arévalo, rexedora local mosense, explicou tamén que “este notable aumento ven motivado pola subida actual de custes, pola nova lei de residuos a nivel nacional (Lei 7/2022, do 8 abril, de residuos e chans contaminados) e nova lei de residuos galega (Lei 6/2021, do 17 de febreiro); e, sobre todo, polas importantes melloras incluídas no contrato, que se reflicten no aumento das fraccións, o incremento das zonas de limpeza viaria, o investimento en nova maquinaria e a renovación do parque de contedores con 1.454 novas unidades”.

As melloras que incluirá o novo contrato do servizo de recollida de lixo e limpeza viaria son as seguintes:

1.- Aumento das fraccións para recoller polas entidades debido á nova lei 7/2022, de residuos e chans contaminados – actualmente: vidro, envases lixeiros, cartón e papel – próxima: metais, biorresiduos de orixe doméstica, residuos téxtiles, aceites de cociña usados, pilas e acumuladores.

2.- Incremento de zonas para limpeza viaria: Ás xa existentes no actual contrato agréganse: – Beirarrúas en Estrada Louriñó-Sobráns (Guizán) – Beirarrúas Veigadaña ata CEIP Mestre Valverde (Mos) – Estrada da Vía – Zona humanizada en Cela-Igrexa – Pazo de Mos (nova zona humanizada).

3.- Investimento en maquinaria nova: – Baldeadora – Varredora 5 m3 – Camión recolector (2 vde) – 4 carros portacubos para limpeza viaria – Furgón para recollidas especiais – Contedores para orgánica (biorresiduos).

4.- Renovación de parque de contedores existentes: Fracción resto: 986 vde (800 l) Fracción envases lixeiros: 293 vde (800 l) Fracción papel/cartón: 87 vde Fracción vidro: 88 unidades.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad