O vindeiro xoves, 6 de outubro, de 10.00 horas a 12.00 horas celebrarase a Mesa Sectorial ‘GPS ao emprego’ contando coa asistencia da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e da concelleira de Promoción Económica, Desenvolvemento Empresarial e Emprego, Julia Loureiro.
A iniciativa atópase incluída no Programa Integrado de Emprego do Concello de Mos e será conducida pola súa directora, Cecilia Prieto.
Desenvolverase no espazo colaborador ZEN SUITE GARDEN, dirixido por Alberto Alonso, autónomo mosense cunha ampla experiencia e longa traxectoria de emprendemento.
Participan na mesa 5 importantes empresas do municipio, representadas polos seus respectivos responsables de recursos humanos e selección de persoal:
- VEGALSA: Tania Herbojo- Técnica de Selección VEGALSA- Eroski
- ILUNION: Sandra Lalín- Técnica de Selección ILUNION
- BENTELER: Carlos Casal- HR Manager BENTELER
- QUINTA DE RIVAS: Lucía Alonso- Emprendedora
- FORMALAR: Camilo Gónzalez- Coordinador de Formación e Xestión de Calidade
Estas cinco empresas locais contarán as claves dos seus procesos de selección, o seu sistema de navegación do emprego. A continuación da mesa redonda realizarase un “Coffee-Break” participativo.