Sthela Táboas 04/10/2022

A programación desta semana do proxecto europeo en colaboración co IES Ribeira do Louro inclúe un seminario de reciclaxe, una mesa redonda sobre xestión de residuos industriais e unha andaina

Enmarcadas no proxecto europeo EcoYouth, o Porriño acolle esta semana varias actividades dirixidas á mocidade, no que participa o IES Ribeira do Louro.

A primeira deestas actividades será un seminario sobre reciclaxe que se desenvolverá mañá mércores, de 11.00 h a 13.00 h, no Centro Cultural Municipal. O obxectivo desta actividade é crear conciencia e ensinar aos mozos e mozas hábitos de reciclaxe, sobre todo nas zonas rurais.

Como moderadores participan o enxeñeiro municipal do Concello do Porriño, Rafael Alonso; a licenciada en Bioloxía e Mestra Composteira, Ana Pazó; o profesor do IES Ribeira do Louro e coordinador do proxecto europeo ECOBUILD. _Playing to Ecobuild for learning to protect Environment_,  Amador Ordóñez; e o enxeñeiro forestal xefe de servizo de FCC Aqualia e delegado dos servizos para o Consorcio de Augas do Louro, Manuel Viñas.

O venres 7, ás 14:30 h no Restaurante Manolo, celebrarase unha mesa redondacentrada na xestión de residuos industriais, contaminación ambiental e aforro enerxético. Na mesma compartiranse opinións e melloras e falarase de futuras colaboracións entre a industria e o Concello do Porriño a tal fin. Participarán os profesores do IES Ribeira do Louro, Amador Ordóñez e Juana Ibernón; o xerente do Cluster do Granito, José Angel Lorenzo; o secretario xeral da FEGAPE, David Sobral; en representación do Concello do Porriño, Carolina González e Rafael Alonso; e representantes de ACIPOR e AHOSPOR.

Para rematar, o sábado 8 sairá ás 09.00 h do Concello do Porirño a Andaina ECOYOUTH, dirixida á mocidade a partir dos 14 anos de idade. A andaina, que ten o obxectivo de promover o valor paisaxístico e cultural da zona, estará guiada por persoal experto en sendeirismo e na natureza.

Para participar nas actividades é necesaria inscrición previa que pode facerse a través das seguintes ligazóns:

Seminario de Reciclaxe:

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScZby-XSnACZDreJjeFmQOqnjonvMUt3j3W8OfvbTIPHkEPmA/viewform?usp=sf_link

Mesa Redonda:  https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScj-5eF1FH24PNKypbDMw2MDOEJMIdhLiCt1RTqC3B3zG_8Fw/viewform?usp=sf_link  

Andaina ECOYOUTH: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdsV23yiWoN32CK38AS_PN1AnCTOn9cJ9gURX24ek0j3FJTcA/viewform?usp=sf_link

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad