Sthela Táboas 01/10/2022

Salceda de Caselas aposta pola segunda edición deste concurso por categorías no que participan 9 locais hostaleiros e que se desenrolará dende o 14 ao 23 de outubro repartindo 990 € en tres premios para os consumidores

O Concello de Salceda, a través da Concellería de Comercio -dirixida pola alcaldesa, Verónica Tourón- en colaboración con ACISA, presentaron este xoves o 2º Concurso “#ConSalceda de Pinchos e Tapas”, unha iniciativa que forma parte do programa de dinamización do comercio local “Con Salceda”.

No concurso, que comezará o 14 de outubro e rematará o domingo día 23, participaran os seguintes locais de Salceda: Arruda Cofee Bar, Tabertenda, O Recuncho, Tapería Ozores, La Marujita, Vinoteca Salceda, Bar Caselas, Centro Cultural San Xurxo e Cafetería Altamira.

Cada un dos establecementos participantes concursa nunha das categorías de pincho ou de  tapa. Os establecementos gañadores de cada categoría recibirán un galardón por parte do concello.

A persoas que degusten as tapas ou pinchos e voten por cada un deles, participarán nun sorteo que conta con tres premios: un vale de compra de 600 € a gastar nos establecementos asociados a ACISA, doado pola propia asociación de comerciantes); un vale de compra de 300 € para todo o comercio local, aportado polo Concello; e un vale de compra de  90 € en vales para consumir nos de establecementos participantes no concurso. Así mesmo, todas as persoas participantes que completen a ruta de pinchos e tapas recibirán un agasallo directo.

Para poder gozar ao máximo do concurso recoméndase consultar o folleto dispoñible no comercio local, e tamén na web e nas redes sociais do concello, para coñecer os horarios nos que cada pincho e tapa serán servidos polos establecementos participantes.

O concello de Salceda quere agradecer a hostalería local a súa alta participación e á asociación de comerciantes a colaboración prestada para esta iniciativa. A alcaldesa e concelleira de Comercio, Verónica Tourón, rematou esta presentación incidindo en que “apostamos por este tipo de eventos que dinamizan dunha forma moi especial a hostalería local, ofrecéndolle á cidadanía unha oportunidade fantástica para gozar de cada un dos establecementos participantes e coñecer a súa oferta gastronómica”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad