A unanimidade dos grupos fixo que o mércores se aprobasen no Pleno porriñés as bases que regulan o banco de alimentos que na actualidade presta servizo a una 150 familias
O Pleno do Concello do Porriño celebrado este mércores, aprobou a proposta de modificación das bases que regulan o banco municipal de alimentos, SOS Porriño.
Dada a actual situación socioeconómica, a actividade do banco municipal de alimentos -SOS Porriño- debe adaptarse as agravadas condicións de precariedade e vulnerabilidade de moitas familias residentes no municipio.
Deste xeito, modifícanse as bases que permiten un acceso máis amplo ao servizo, pois se antes se contabilizaba como límite de ingresos 579 € persoa, agora pódese deducir á cifra o aluguer ou hipoteca ata un máximo 400 €.
O programa municipal de alimentos, SOS Porriño, atende na actualidade a unhas 150 familias que reciben unha vez ao mes alimentos, con carácter xeral, aínda que tamén hai achegas a maiores en ocasións destacadas, segundo a disposición de recursos.