Sabela Landín 15/09/2022

Na vella Ponte Internacional realizáronse distintas demostración co shuttle do CTAG.

A Eurocidade Tui-Valença converteuse hoxe na capital europea da mobilidade conectada coa presentación do proxecto 5G-Mobix. Así o destacou o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, quen sinalou o idóneo deste territorio para acoller esta presentación tendo en conta que é o lugar de maior tránsito transfronteirizo da península, e que une dous polos de gran actividade coma é a franxa atlántica de Galicia e o norte de Portugal. 

Enrique Cabaleiro, na súa intervención tanto no Teatro Municipal coma a carón da vella Ponte Internacional, agradeceu ao CTAG ter elixido a Eurocidade coma sede deste proxecto e máis concretamente “un lugar emblemático coma a vella Ponte Internacional”.

O alcalde de Tui lembrou que xa trasladaron aos responsables do CTAG o interese da Eurocidade neste vehículo autónomo para mellorar a comunicación dos dous centros urbanos . Nese senso avanzaba que a través de fondo europeos “imos tratar de optar a este proxecto” porque dicía “sería unha magnífica oportunidade, en aras de mellorar a mobilidade entre Valença e Tui, e sobre todo tamén en termos de economía social e eficiencia enerxética, dispor dun vehículo autónomo que funcionase de forma seguida e conectase os centros urbanos de Valença e Tui”.

A vicepresidenta da Cámara de Valença, Ana Paula Xavier, amosou o seu agradecemento porque este territorio fose elixido para este proxecto, salientando o seu dinamismo poboacional e empresarial. unha aposta clara pola cooperación no territorio transfronteirizo máis dinámico do país.

Francisco Sánchez, director de Electrónica e Sistemas Intelixentes de Transporte do CTAG, explicaba esta mañá que a tecnoloxía 5G será a clave para a mobilidade autónoma permitindo que sexa máis segura e eficiente. 

Engadía coma hoxe amósanse os resultados principais deste proxecto e de coma a tecnoloxía 5G permite informar ao vehículo autónomo da presenza de peón ou permitir o control remoto do mesmo.  O vehículo autónomo do CTAG, con capacidade para 12 persoas e unha velocidade máxima de 40 km/h, circulou hoxe pola vella Ponte Internacional, amosando as distintas situacións que na condución se poden dar coma a presenza dun peón ou dun obstáculo, aos que fai fronte grazas á tecnoloxía 5G, e que permite tamén no caso de ser preciso realizar unha condución remota do mesmo

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad