Hoxe xoves, 15 de setembro, ás 12 horas, no Centro Municipal de Piragüismo “Quique Míguez” de Tui, na rúa Olímpicos Tudenses, terá lugar o acto de presentación do LI Descenso Internacional do Miño, organizado polo Club Kayak Tudense, en colaboración co Concello de Tui, a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra, a Real Federación Española de Piragüismo, a Federación Galega de Piragüismo, a Comandancia Naval do Miño e ao Concello de Salvaterra do Miño.
No acto estarán presentes o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete, o deputado provincial de Deportes da Deputación de Pontevedra, Gorka Gómez, o Comandante Naval do Miño, Pablo Redondo, o presidente da Real Federación Española de Piragüismo, Javier Hernanz, os concelleiros de deportes de Tui e Salvaterra do Miño, Rafael Estévez e Edgar Martínez, e o presidente do Club Kayak Tudense, Diego Piña.