Sthela Táboas 14/09/2022

Lucía Rodríguez alzábase co título o pasado 27 de agosto en Belgrado facendo historia no bádminton feminino español

O Concello de Salvaterra de Miño, representado pola alcaldesa, Marta Valcárcel, e o concelleiro de Deportes, Edgar Martínez,  recibíu á xogadora salvaterrense Lucía Rodríguez, con motivo do seu recente triunfo deportivo no Campionato de Europa celebrado en Belgrado, o pasado 27 de agosto. Logros que marcan un antes e un despóis no bádminton feminino español:  medalla de bronce por Equipos Junior coa Selección Española  e medalla de ouro por parellas junior.

Trátase da primeira vez na historia do bádminton feminino español na categoría junior, que unha parella logra acadar o máximo escalafón dun campeonato desta magnitude, e aínda así, Lucía sorprendeu a rexidora e edil “abraiados pola humildade que proxecta Lucía, logo dun éxito tan importante coma este” engadiron tras conversar coa xogadora que acudíu á cita acompañada da súa nai Geli.

No horizonte máis próximo está Santander, do 17 ao 30 de outubro, que acollerá o mundial e onde Lucía estreará a súa condición de Campioa de Europa para participar en varias modalidades -Competición por selección, Competición individual, Dobles femininos e Dobles mixtos-.

Dende o Concello “trasladámoslle a Lucía os nosos folgos para optar a todas as medallas, lembrándolle que xa é unha auténtica realidade como deportista de alto nivel e un espello para todos os nen@s do municipio”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad