Sthela Táboas 14/09/2022

O mosense, enxeñeiro de profesión, foi proclamado míster o pasado agosto en Nerja

O pasado 6 de agosto, o mosense Iván Álvarez Guedes, enxeñeiro de loxística no sector sa automoción, foi proclamado Míster Supranational na Gala Final de Míster RNB España 2022, motivo polo cal foi recibido hoxe pola alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a Corporación Municipal mosense, no salón de sesións do Concello, para felicítalo polo seu éxito.

O Centro Cultural Villa de Nerja acolleu a Gala Final de Míster RNB España 2022 na que se elixiron aos representantes nacionais para os principais concursos Grand Slam de beleza a nivel internacional.

Nesta gala competiron 52 candidatos (1 de cada provincia). Dos 52, elixíronse a un total de 4 gañadores, cada 1 representará a España nun concurso internacional (Míster Supranational, Míster International, Míster Global e Caballero Universal).

Iván Álvarez Guedes foi elixido Míster Supranational na Gala e representará a España na 7ª Edición de Mister Supranational, que terá lugar no verán de 2023 en Polonia.

Iván Álvarez presentou, na súa candidatura a Míster RNB España 2022 da que finalmente resultou vencedor como Míster Supranational, un proxecto social realizado con AECC Pontevedra, e que foi un dos mellor valorados no concurso.

Tras o veredicto do xurado, Pablo Estrada, representante de Soria, proclamouse Míster RNB Caballero Universal. Abel Muelas, de Badaxoz, é o novo Míster RNB España Global. Pola súa banda, Borja Ramo, candidato por Teruel, representará ao noso país como Míster International. E finalmente, Iván Álvarez, representante mosense, foi proclamado Míster Supranational. Ademais, resultaron finalistas Trino Ávila de Navarra e OdeiJainaga de Bizkaia.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad