Sabela Landín 14/09/2022

O plan provincial ReacPon achega máis de 361.000 euros para a modernización dunhas instalacións que datan do ano 1985.

As obras de reforma integral do edificio da Biblioteca Municipal e o Xulgado de Paz de Mos avanzan co impulso da Deputación de Pontevedra a través do plan Reacciona Pontevedra (ReacPon). Os traballos, cun orzamento total de 481.376 euros dos que a Administración provincial achega o 75% (361.032 euros) foron visitados hoxe polo deputado Carlos Font e a deputada Victoria Alonso, xunto coa alcaldesa, Nidia Arévalo.

Os traballos, que comezaron o mes de xullo, rematarán en torno a abril 2023 e, ademais da actualización de tódalas instalacións poñen especial acento na sostibilidade e eficiencia enerxética, en liña coa Axenda 2030 e a aposta da Deputación pola redución do impacto ambiental en tódalas súas actuacións. Así, segundo datos do proxecto, estímase unha redución das emisións de gases de efecto invernadoiro superior ao 80%.. No caso das instalacións de refrixeración alcanzará un 89% e será dun 80% co novo sistema de calefacción, mentres que a redución nas emisións de CO2 polo cambio na iluminación sumará outro 1,8%.

O inmoble, situado no núcleo rural da Porteliña, data de 1985. Conta cun andar baixo e primeiro andar cunha superficie de 318 metros . A Biblioteca municipal, con 226 metros cadrados, ocupa a maior parte, mentres que os restantes 92 metros correspóndense coas dependencias do Xulgado de Paz.

Despois da reforma converterase nun edificio eficiente dende o punto de vista enerxético gracias á instalación dunha bomba de calor, á optimización do illamento das catro fachadas e a instalación dunha nova cuberta de zinc con la de rocha. Ademais, a carpintería exterior pasará a ser de aluminio con rotura da ponte térmica. A sostibilidade tradúcese tamén na aposta pola iluminación led e a renovación da antiga instalación eléctrica. En canto ao aspecto exterior manterase a fachada de granito rosa do Porriño e deixaranse á vista os elementos estruturais de formigón. Empregaranse, por tanto, materiais nus, retirando materiais engadidos sobre a estrutura. En canto ao interior, a madeira será a protagonista na futura Biblioteca municipal de Mos. O mobiliario quedará disposto a media altura para ir moldeando o espazo e conseguir un ambiente confortable, que permite o contacto visual na totalidade da estancia.

Finalmente, a reforma en marcha servirá para dar cumprimento ás esixencias actuais da normativa en materia de seguridade, incendios, accesibilidade, salubridade, aforro de enerxía e illamento acústico.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad