Trátase de tres varóns detidos no casco urbán porriñés o sábado, e en Torneiros o domingo, por delitos de Roubo e Furto respectivamente
O pasado sábado 10 de setembro, ás 05:25 h da noite, a Guardia Civil solicitaba a colaboración da Policía Local do Porriño ao saltar a alarma de roubo nun céntrico establecemento da vila.
Unha vez no lugar, comprobadas as cámaras de seguridade, nas imaxes distinguíanse claramente tres varóns de características moi concretas, dos que ademáis se tiña constancia que en outra ocasión xa tentaran abrir vehículos estacionados na vía pública.
Inmediatamente estableceuse un dispositivo conxunto de estreita vixiancia no centro urbano, localizando a un dos mozos nas proximidades do Pavillón Municipal e, minutos máis tarde, a outros dous escondidos baixo dous turismos.
Por todo isto, a Guardia Civil procedeu á detención destas tres persoas por un presunto delito de Roubo con forza nas cousas, asociado a penas oscilan que entre 1 e 3 anos de prisión.
Por outra banda, o domingo pola tarde nun dos Polígonos Residenciais de Torneiros, foi detida unha persoa pola presunta comisión dun Delito de furto, ao substraerlle a un veciño pertenzas por valor de 1.050 €.
A vítima, manifestou que se olvidara un ordenador portátil e unha cazadora nas escaleiras da súa vivenda e que, ao ir buscalo xa non estaba, pero viu sair a unha persoa cargada con bolsas cara un vehículo ao que, tras preguntarlle por este feito, negou ter algo que ver co roubo. Aínda así alertou á policía, a cal tras acudir á chamada localizaba o material roubado no interior dun turismo.