Sabela Landín 10/09/2022

Celebrarase os vindeiros 24 e 25 de setembro entre o Pavillón Patricia Martínez, o Centro Dotacional de Torroso e o Pazo de Mos, contando xa con preto de 100 participantes nacionais e internacionais inscritos.

O capoeirista mosense veciño de San Antoíño, parroquia de Louredo, Arturo Seminario, ‘Bambino’, presentou hoxe no Concello de Mos o evento que organiza de ‘4º Batizado e Troca de Cordas Abadá-Capoeira’ que se celebrará os vindeiros 24 e 25 de setembro. ‘Bambino’ estivo acompañado da alcaldesa, Nidia Arévalo, o concelleiro de Deportes, José Areal, e demais membros da Coporación Municipal, que o recibiron no salón de sesións da Casa Consistorial para felicítalo, ademáis, por terse proclamado este verán Campión de España de Capoeira.

Os días do 14 ao 17 de xullo, en Valencia, celebráronse os ‘X Jogos dá Espanha Abadá-Capoeira 2022’, nos que Arturo Seminario erixiuse campión, logrando o 1º lugar na categoría A, entre outros premios. Arturo Seminario, máis coñecido como ‘Bambino’ no mundo da Capoeira, é capoeirista profesional e graduado da Escola Abadá-Capoeira. Do 14 ao 17 de xullo do 2022 celebráronse na cidade de Valencia os ‘X Jogos dá Espanha 2022 Abadá-Capoeira’. Preto de 100 participantes, de todas as Comunidades Autónomas españolas, déronse cita neste evento, de Galicia representábannos como competidores ‘Bambino’ de Mos na categoría A (a categoría de maior nivel) e dous dos seus alumnos veciños do Porriño, Telmo e Anxo, na categoría C.
‘Bambino’ e Telmo foron campións nas súas distintas categorías:
‘Bambino’: categoría A, 1º lugar clasificación xeral, mellor corda verde-morada (gradación) mellor Jogo de Siriuna e São Bento (modalidades de jogo). Telmo (‘Raposa’ o seu alcume), categoría C, 2º lugar clasificación xeral, mellor Jogo de Benguela (modalidade de jogo).

‘4º Batizado e Troca de Cordas Abadá-Capoeira’ en Mos

Por outra banda Seminario aproveitou para presentar o evento de ‘4º Batizado e Troca de Cordas Abadá-Capoeira’ que organiza en Mos, concretamente no Pavillón Patricia Martínez, Centro Dotacional de Torroso e Pazo de Mos; os vindeiros 24 e 25 de setembro. Que contará como convidado especial, responsable de supervisar o evento e administrar os cursos, ao Mestrando Cascão, natural de Río de Janeiro. E para este evento xa hai preto de 100 participantes rexistrados de Galicia e de varias comunidades autónomas e tamén participantes internacionais de Angola e Portugal.

O sábado 24 de setembro en horario de 08:30-09:00h farase a recepción. De 09:00-11:30h workshops (técnico) e Roda de Capoeira (xuvenil e adultos). E de 10:00-11:00h curso infantil. Todo no Pavillón Patricia Martínez. Tamén o sábado 24 de 12:15-13:30h, campaña “Capoeira contra o cancro” (infantil, xuvenil, e adultos). Aberto a todos os públicos con exhibición de Capoeira, actuación por parte da escola de música Allegro e conferencia co Dr. Esteban Castelao, director da unidade de oncoloxía e xenética do CHUVI e co-director de BREOGAN (Consorcio Galego do Cancro de Mama). Terá lugar no auditorio do Centro Dotacional de Torroso. Continuando coa xornada do sábado, de 13:15-16:00h terá lugar a comida, seguida de 16:30-17:30h da Aula Afrohouse con Muxima (xuvenil e adultos). A continuación, de 17:45-19:30h, Batizado e troca de cordas (infantil, xuvenil, e adultos). Tamén no auditorio do Centro Dotacional de Torroso.

Por último, o domingo 25 de setembro, en horario de 11:00-13:00h, haberá Aulão e Roda Pazo de Mos (infantil, xuvenil e adultos) con actuación do Grupo de Gaitas Ruada de Torroso e exhibición de Capoeira, no Pazo de Mos.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad