Sthela Táboas 08/09/2022

Durante 30 días a vila ofrece máis de 80 actividades no espazo musical, cultural, deportivo e de ocio que contemplan festivais como o ‘Louro Valley Festival’ ou Montando Cristo Festival, concursos como ‘Tes Talento?’ ou gastronomía coa ‘XXIX Festa dos Callos’

Esta mañá tivo lugar no Concello do Porriño, a presentación da programación fas Festas do Cristo 2022O a cargo do alcalde, Alejandro Lorenzo, que acompañado do concelleiro de Festexos, Bienvenido Estévez, e os edís Abel Estévez e Antía Carrera, xunto con representantes dalgunhas asociacións porriñesas.

Trátase dunha programación que según o rexidor porriñés ten un custo de 138.000 €, unha cifra que supera en 33.000 € ao investido en Porrigalia. Lorenzo detallou as actividades que durante 30 días se poderán desfrutar no Porriño, recoñecendo o apoio recibido polas asociacións culturais e veciñais, clubes deportivos e veciñ@s.

Os pratos fortes das festas serán:

  • Xoves 22, Treixadura, na rúa Domingo Bueno.
  • Venres 23, Coque Malla no exterior do Pavillón Municipal e Tes Talento?.
  • Sábado 24, Gisela e o seu espectáculo Concert Kids máis M3 e Atenas.
  • Venres 30, Tanxugueiras.

Os amantes das verbenas poderán disfrutar de grandes directos con orquestras como:

  • Domingo 25, París de Noia e América.
  • Luns 26, La Dimensión e El Combo Dominicano.
  • Sábado 1 de outubro, América e Triunfo.

O Montando Cristo Festival tamén contará con bandas como Zalomon Grass, Inmates, Zona Zero ou The Broke,  será o sábado 24.

A proposta de actividades para todos os públicos inclúen teatro, monólogos – Pepo Suevos ou Arantxa Treus-, ou espectáculos infantís -“Uxía Lambona e a Banda Molona” ou “Petiscos de lingua”-, así como deportes da man dos clubes deportivos da vila e cine ao aire libre.

Non faltará a XXIX Festa dos callos,  que pechará ás festas o domingo 2 de outubro.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad