Durante 30 días a vila ofrece máis de 80 actividades no espazo musical, cultural, deportivo e de ocio que contemplan festivais como o ‘Louro Valley Festival’ ou Montando Cristo Festival, concursos como ‘Tes Talento?’ ou gastronomía coa ‘XXIX Festa dos Callos’
Esta mañá tivo lugar no Concello do Porriño, a presentación da programación fas Festas do Cristo 2022O a cargo do alcalde, Alejandro Lorenzo, que acompañado do concelleiro de Festexos, Bienvenido Estévez, e os edís Abel Estévez e Antía Carrera, xunto con representantes dalgunhas asociacións porriñesas.
Trátase dunha programación que según o rexidor porriñés ten un custo de 138.000 €, unha cifra que supera en 33.000 € ao investido en Porrigalia. Lorenzo detallou as actividades que durante 30 días se poderán desfrutar no Porriño, recoñecendo o apoio recibido polas asociacións culturais e veciñais, clubes deportivos e veciñ@s.
Os pratos fortes das festas serán:
- Xoves 22, Treixadura, na rúa Domingo Bueno.
- Venres 23, Coque Malla no exterior do Pavillón Municipal e Tes Talento?.
- Sábado 24, Gisela e o seu espectáculo Concert Kids máis M3 e Atenas.
- Venres 30, Tanxugueiras.
Os amantes das verbenas poderán disfrutar de grandes directos con orquestras como:
- Domingo 25, París de Noia e América.
- Luns 26, La Dimensión e El Combo Dominicano.
- Sábado 1 de outubro, América e Triunfo.
O Montando Cristo Festival tamén contará con bandas como Zalomon Grass, Inmates, Zona Zero ou The Broke, será o sábado 24.
A proposta de actividades para todos os públicos inclúen teatro, monólogos – Pepo Suevos ou Arantxa Treus-, ou espectáculos infantís -“Uxía Lambona e a Banda Molona” ou “Petiscos de lingua”-, así como deportes da man dos clubes deportivos da vila e cine ao aire libre.
Non faltará a XXIX Festa dos callos, que pechará ás festas o domingo 2 de outubro.