Sabela Landín 07/09/2022

Todo preparado nos centros educativos públicos de Tui para o inicio do novo curso escolar 2022/23.  O Concello de Tui aproveitou os meses estivais de vacacións escolares para realizar diversas obras de mellora e mantemento nos oito colexios tudenses e no conservatorio.

Neste tempo leváronse a cabo obras de gran calado coma o patio cuberto no CEIP nº2, os comedores escolares nos CEIP’s de Caldelas e Randufe, a carpinteiría de aluminio e o pintado de aulas en Ribadelouro. Outras das actuacións realizadas, segundo explicaba a concelleira de Ensino, Sonsoles Vicente, foron as adecuacións dos patios dianteiro e traseiro de Pazos de Reis, obras de albaneleria, pintado de aulas e escaleiras no CEIP de Guillarei. Outras traballos foron o arranxo do tellado da aula de Baldráns do CEIP Mestra Clara Torres, obras de fontanería e adecuación de areeiros. Tamén se procedeu á colocación de chan de tarima en tres aulas do Conservatorio Profesional de Música de Música de Tui.

A concelleira de Ensino, Sonsoles Vicente, desexa a toda a comunidade educativa un bo inicio do novo curso escolar.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad