Sthela Táboas 06/09/2022

Logopedia, psicoloxía e fisioterapia son as tres especialidades que abrangue este novo servizo dirixido a nen@s de 0 a 6 anos e que inicialmente prestarase no Pavillón Municipal

O servizo de atención temperá do Porriño iniciará a súa actividade no mes de outubro, tratando posibles trastornos do desenvolvemento a través dunha actuación conxunta e interdisciplinar imprescindible que ofrece unha resposta global ás súas necesidades; un servizo moi demandado no Porriño que ata o de agora nunca se prestou e que servirá de guía profesional a moitas familias.

A posta en marcha deste servizo -xa licitado e adxudicado á entidade local ACEESCA, que se encargará da xestión do mesmo- foi posible a través dunha subvención da Consellería de Política Social no marco da Rede Galega de Atención Temperá, que abrangue arredor do 80% do custo do servizo, facéndose cargo o Concello do restante con fondos propios.

Dende o Concello anuncian que o enclave inicial da prestación será en tres locais que se habilitarán no Pavillón Municipal, para logopedia, psicoloxía e fisioterapia; aínda que están a xestionar a adquisición dun local no que se instalarán definitivamente o Servizo de Atención Temperá do Porriño.

Unha mágoa que este servicio non sexa prestado polo Sergas no Centro de Saúde, reforzando a especialidade de pediatría -xa que serán os pediatras os que avalíen que nen@s precisan desta atención- e ocupando un espazo da ampliación que tería que estar comezada en decembro do pasado ano, según anunciara a Xunta de Galicia.

No servizo de Atención Temperá do Porriño para nen@s de 0 a 6 anos, as familias atoparán profesionais que avaliarán e diagnosticarán os trastornos do desenvolvemento dos pequen@s e traballarán no seu desenvolvemento psicomotor, cognitivo, da linguaxe e comunicación, da autonomía e da área social e afectiva, ademais de prestar apoio, información e formación á familia durante todo o proceso.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad