Sthela Táboas 13/06/2022

Aínda que o seu comezo fora anunciado para o pasado mes, a administración local fixa agora a súa posta en marcha este xoves 16, día establecido xunto aos martes para o seu depósito a partir das 20.00 h

O pasado 26 de abril, o Concello do Porriño anunciaba que a Concellería de Limpeza poría en funcionamento en maio, do servizo específico para a recollida de papel e cartón comercial. Hoxe, cun mes de retraso, o concelleiro responsable José Carlos González, informou que a partir deste xoves, día 16 de xuño, comeza a prestarse este servizo municipal.

Esta recollida específica está dirixida aos establecementos comerciais do Porriño, onde os martes e xoves poderán deixar nas portas dos seus locais o cartón e o papel, de xeito organizado e a partir das 20.00 h, sendo o servizo de limpeza municipal quen o recolla e dé traslado á planta de reciclaxe.

Para facer uso desta recollida, os comerciantes deberán inscribirse previamente no teléfono 665 571 555.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad