Sthela Táboas 15/03/2022

Os socialistas de Ponteareas valoran como “éxito histórico” a aprobación do proxecto da estrada nacional

O PsdeG-PSOE de Ponteareas, ante as distintas valoracións xurdidas a propósito do proxecto de seguridade viaria da N-120 non pode deixar de amosar a súa sorpresa polo oportunismo e a incoherencia das distintas forzas políticas que agora tratan de subirse ao carro, ese mesmo carro que trataron de sabotear ou que, no caso do PP, parecen querer convencernos de que unha boa nova para Ponteareas non é tal porque non lles gusta a partida orzamentaria.

O grupo socialista entende que “efectivamente, é unha mala nova para o PP e, en certa medida, para tod@s os que lle bailaron a auga buscando a confrontación en lugar da cooperación co Goberno de España”; explican que “tratar de vender o proxecto de mellora da seguridade viaria da N-120 como un recorte, é toda unha pirueta intelectual. Os orzamentos do PP e de Mariano Rajoy sempre foron papel mollado, non só en Ponteareas senón en toda Galicia. Hai milleiros de exemplos de partidas que nunca se gastaron e Ponteareas non foi unha excepción. Meter unha partida inflada nos orzamentos sen proxecto previo era unha táctica habitual do PP para enganar á veciñanza de Ponteareas; non só sucedeu coa N-120, senón tamén coa variante que Rajoy prometeu solemnemente construír e nunca fixo”.

Os socialistas salientan que “Agora por primeira vez hai proxecto, hai unha partida obxectiva e o máis importante, hai vontade política de levalo a cabo. Falan os feitos, por moito que ao PP e aos que lle acompañan lles doa. O lamentable é que unha boa nova para Ponteareas cause dor a forzas políticas que din defender os intereses do noso concello. Os cidadáns de Ponteareas non entenderían que a Plataforma N120, BNG, PP e ACIP participasen nunha manifestación a prol da reforma da estrada nacional cando o proxecto xa está aprobado e coa tramitación en marcha”.

O PSdeG incide en que os veciñ@s de Ponteareas “queren feitos” e, neste senso, consideran que “Pedro Sánchez e o PSOE cumpriron unha vez máis coa Vila do Tea” e animan a PP, BNG e ACIP “a deixar as accións electorais para as eleccións e se adiquen a traballar polo interese común”.

O grupo socialista de Ponteareas remata convidando “ao BNG e ao resto de forzas políticas da Corporación a que teñan a valentía de retractarse da reprobación plenaria á Subdelegada do Goberno. Se querían reprobar a alguén con motivos puideron telo feito con Mariano Rajoy, Ana Pastor ou Ethel Vázquez e non o fixeron. Non se poden empregar distintas varas de medir dependendo da cor política que interese”.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad