A través do Plan Concellos 2022 incorporaranse a cubrir postos de reforzo en diferentes departamentos municipais
O Concello de Salvaterra de Miño ven de solicitar, a través da liña 3 de emprego do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, a contratación de 20 persoas por un importe de máis de 170.000 €.
A través destas contratacións “por un lado búscase xerar emprego e por outra banda reforzar os diferentes departamentos municipais, como poden ser obras, turismo e cultura” subliña a alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel.
Deste xeito, os servizos municipais veranse reforzados coa contratación, de 6 meses de duración, dos seguintes postos ofertados: 1 peón forestal, 2 conductores de camión, 4 peóns de limpeza, 2 barredores, 2 peóns da construcción, 3 mozos para recollida do lixo, 2 oficiais de albanel, 1 monitor sociocultural, 2 informadores turísticos e 1 cobrador.
Os candidatos deberán estar inscritos como demandantes na oficina de emprego e incorporaranse a traballar dende finais do mes de marzo, ata setembro deste ano.