Sthela Táboas 11/02/2022

Trátase de evitar as xuntanzas nos torreiros, aínda que o desfile de comparsas e demáis tradicións se manteñen

Os barrios da Feira e do Castro Barreiro, en Salceda de Caselas, veñen de decidir de forma conxunta non celebrar as verbenas de Entroido neste 2022, como prevención ante a situación sanitaria, adaptándose así á realidade da Covid 19.

Nun ano de transición no que voltan moitos dos actos tradicionais e singulares desta celebración, os colectivos protagonistas do Entroido salcedense coinciden en priorizar a seguridade e evitar posibles aglomeracións nos torreiros nas noites do luns e do martes de Entroido. Nun exercicio de responsabilidade colectiva, ante a dificultade de poder cumprir as medidas adoptadas pola Xunta de Galicia no protocolo específico para a celebración do Entroido.

Esta decisión foi tomada nunha das xuntanzas realizadas entre os dous barrios e o Concello de Salceda de Caselas, a través do Concelleiro de Cultura, na que decidiron adaptar as celebracións á realidade da pandemia.

Entre as decisións adoptadas, sí que se mantén o desfile de comparsas (cancelado o pasado ano) e os demáis actos que componen o Entroido máis importante da zona, e un dos máis antigos de Galicia.

Pola banda municipal, decidíuse tamén suspender a tradicional verbena do domingo na Praza do Concello.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad