Sthela Táboas 10/02/2022

En colaboración co Ministerio de Educación, ofertará máis de 200 cursos de diversas áreas en liña con formación flexible e titorización personalizada

O Concello de Tui asinou un convenio co Ministerio de Educación y Formación Profesional grazas ao que no municipio se amplía a oferta formativa coa Aula Mentor, instalada xa no Centro Municipal de Formación e Emprego en Guillarei.

A Aula Mentor é un programa de formación en liña, non regrada e flexible que conta con titorización personalizada para o alumno ou alumna. Vai dirixida a persoas maiores de 18 anos interesadas en ampliar as súas competencias persoais e profesionais.

A través da Aula Mentor, as persoas interesadas terán acceso a un amplo conxunto de cursos, en permanente actualización, deseñados especialmente para esta modalidade de ensino a distancia, e organizados en áreas formativas dende “Iniciación á informática”, “Programación”, “Redes e equipos informáticos” a “Saúde”, “Idiomas” ou “Xestión comercial e financeira de Pemes”. Amais unha serie de cursos con carácter profesional para hostalería e turismo; servizos socioculturais e axuda á comunidade; madeira, moble e cortiza; comercio e márketing, …

Nos próximos días esta Aula Mentor de Tui estará xa operativa. Os primeiros meses serán de toma de contacto para comprobar o seu funcionamento, resolver incidencias que poidan producirse, e avaliar a implantación do servizo.  Ofertará así máis de 200 cursos dirixidos tanto á mellora das competencias básicas como para a promoción da aprendizaxe ao longo da vida profesional, permitindo, unha vez completado, obter o certificado de profesionalidade.

O Concello de Tui para a posta en marcha desta Aula Mentor recibiu unha dotación inicial de 4.000 €, para a posta en marcha do programa e  sufragar os gastos relacionados co mesmo.

A concelleira de Formación e Emprego, Ana Mª Núñez, quere agradecer a colaboración do departamento municipal de formación na consecución e posta en marcha desta Aula Mentor. Indica que “permitirá ampliar as opcións formativas dos cidadáns de Tui o que contribuirá a mellorar a súa cualificación profesional coa garantía dunha titulación avalada polo Ministerio de Educación”. Ademais indica que “como administración máis próxima aos cidadáns temos o deber e a responsabilidade de mellorar a vida das persoas, facilitando os recursos necesarios para que as persoas do rural poidan ter as mesmas oportunidades con indiferenza do lugar no que vivan”.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad