Sthela Táboas 10/02/2022

Alcalde e concelleira de Emprego tratan de establecer vías de colaboración en materias de formación e emprego baseadas nas necesidades reais das empresas

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, e a concelleira de Emprego e Formación, Rosario Costas, visitaron onte as instalacións que CITIC Censa ten no Polígono Industrial da Granxa, co  obxectivo de establecer posibles vías de colaboración entre a empresa e o Concello. O Concello inicia así una rolda de visitas ás empresas do municipio.

CITIC Censa é unha empresa de calderería pesada que conta máis de 50 anos de historia, con 200 empregados na actualidade, que desenvolve a súa actividade en mercados como minería, cemento, enerxías renovables, petróleo, gas e petroquímica.

Pola banda da empresa, acompañaron aos representantes municipais o Director Xeral da firma, Juan J. Agulla; a Directora Financieira e Vice Directora Xeral, Ana Alonso; e a Directora de Recursos Humanos, Brenda Senra; explicándolles  a súa perspectiva económica de crecemento e a necesidade de persoal especializado. A firma trátase dun referente mundial na fabricación de equipos de calderería pesada para o sector mineiro e cementeiro, exportando o 100% dos seus productos e cun volume de facturación de 30 M€.

No eido do emprego, Juan J. Agulla  indicaba “temos plena carga de traballo e o noso principal problema é a falta de persoal cualificado para incorporar. A formación é o noso cabalo de batalla e a colaboración co Concello sería beneficiosa para ambas partes”.

Alejandro Lorenzo explicaba “o noso obxectivo é detectar as necesidades de recursos humanos e a formación específica que requiren as empresas para poder deseñar acción formativas acordes ás demandas do noso tecido empresarial. Así poderemos ofrecer aos demandantes da bolsa de emprego, posibilidades reais de inserción laboral”.

A concelleira, Rosario Costas, rematou coa pretensión de “impulsar a nosa bolsa de emprego e volver a ser un referente para as persoas do Porriño que se atopan en situación de desemprego. Para iso é imprescindible a coordinación do servicio municipal coas empresas dos nosos polígonos industriais”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad