Sthela Táboas 08/02/2022

Trátase dun dos cantantes de trap con letras das máis machistas polo que, o Pleno do Concello de Mos aprobou hoxe, en sesión ordinaria e fóra da orde do día por urxencia, unha declaración institucional conxunta de toda la Corporación Municipal rexeitando a celebración do concerto do vindeiro venres 11 de febreiro nunha sala do municipio

A totalidade dos membros integrantes da Corporación Municipal do Concello de Mos decidiron hoxe en Pleno apoiar a declaración institucional conxunta de repulsa ao concerto na localidade dun dos cantantes de trap con letras máis machistas, Kidd Keo.

Coa aprobación desta declaración, a Corporación Municipal do Concello de Mos rexeita conxuntamente, e en consenso e co respaldo das técnicas do CIM (Centro de Información á Muller) o vindeiro concerto do cantante de trap, Kaydy Cain, nun local do municipio mosense. Coa declaración aprobada, a Corporación toma en consideración o acordo de instar á disconformidade coa celebración do tipo de actos sexistas como o vindeiro concertó de Kaydy Cain o 11 de febreiro en Mos, por facer apoloxía do machismo con letras vexatorias e denigrantes sobre as mulleres; esixir respecto para a figura da muller en todo tipo de actos públicos; e declarar o Concello de Mos libre de violencias machistas. 

As letras deste cantante caracterízanse polos contidos e as expresións machistas, con comentarios denigrantes, despectivos e vexatorios sobre a muller. É por elo que, desde o Concello de Mos, a través desta declaración institucional maniféstase en xeral a máis rotunda repulsa ante a celebración deste tipo de concertos.O concerto de Kaydy Cain está programado para o próximo 11 de febreiro ás 21:00 h contando ademáis cunha zona de menores de entre 14 e 17 anos que poden acceder sen autorización.

Con esta declaración o Concello de Mos quere recalcar que entre os seus principais obxectivos atópase o fomento dos valores da igualdade entre homes e mulleres e da prevención da violencia de xénero, así como inculcalos desde a infancia e a adolescencia mediante o desenvolvemento de diferentes accións e políticas sociais en centros educativos mosenses, como os colexios de Educación Primaria e o Instituto. 

Actividades como este concerto son todo o contrario ao que desde o Concello de Mos se lles quere ensinar aos nen@s e moz@s, precisamente o que se quere é evitar este tipo de mensaxes sexistas, dominantes e ofensivos, e promover a igualdade real de oportunidades, a tolerancia e o respecto mutuos entre homes e mulleres. É por elo que se manifesta en contra e fai pública a súa repulsa como institución a través desta declaración conxunta.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad