Sthela Táboas 08/02/2022

A Plataforma en Defensa da Sanidade do Condado e Paradanta convida aos veciñ@s a participar este xoves desta protesta diante do Centro de Saúde

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Condado e a Paradanta está a realizar unha nova serie de mobilizacións polas dúas comarcas. Dentro destas actividades está convocada unha concentración no Concello de Salvaterra este xoves 10 de febreiro ás 20:30 h diante do Centro de Saúde.

Dende a Plataforma queremos facer un chamamento a toda a veciñanza do noso entorno a participar nestas mobilizacións. Coñecemos o esforzo que supón manter no tempo a tensión mobilizadora e ter que deixar de lado moitas veces as tarefas persoais para participar nas distintas actividades. Por iso queremos tamén agradecer á veciñanza que día tras día ven colaborando connosco apoiándonos nas nosas reivindicacións. Tamén queremos facer un recoñecemento á Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Tomiño que unha vez máis estivo connosco na pasada concentración no Concello de Arbo.

Por outra banda, a plataforma colaborará conxuntamente cos demais colectivos galegos agrupados na Plataforma SOS Sanidade na elaboración dunha Iniciativa Lexislativa Popular en defensa da sanidade pública para levar ao Parlamento de Galicia.

Con esta iniciativa, os colectivos en defensa da sanidade queremos, ademais de levar o problema ao Parlamento de Galicia, facer unha campaña de mobilización da sociedade en favor da sanidade pública. Para que esta iniciativa poda chegar ao parlamento será necesario recoller 10.000 sinaturas, tarefa que agardamos comezar en poucos días. Dende a plataforma estamos convencidos e convencidas de que esta recollida de sinaturas será un éxito total.

“Agardámosvos este xoves 10 de febreiro en Salvaterra. A defensa da sanidade pública é cousa de todas”.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad