Sthela Táboas 05/02/2022

Con esta campaña de dinamización comercial a cidade amosará o seu lado máis romántico do 7 ao 14 de febreiro na que se  sortearán 10 vales de compra de 30 €

Con motivo de San Valentín, o Concello de Tui recupera a campaña “Tui é un amor. Namórate de Tui” posta en marcha no ano 2020 con dobre obxectivo. Por unha banda a dinamización comercial da cidade pero tamén a súa promoción turística.

A campaña baséase en dúas accións centrais. Por unha banda está a decoración das rúas con pezas vinculadas co tema do amor coma as palabras “Amor”, “Love”, ou “Tui” e co banco e a pérgola do amor, que se estrearan hai 2 anos. Amais nesta ocasión engádese un sorteo de 10 vales de compra por valor de 30 € cada vale, para premiar as compras no comercio local participantes.  Así a través das asociacións locais ACITUI e EMPRETUI, entrégase cartelería e as rifas a todos os establecementos que expresamente soliciten participar na campaña. Así, entre o 7 e o 14 de febreiro, os clientes dos locais participantes que consuman 10 € no comercio e 5 € na hostalería recibirán a súa rifa para entrar no sorteo que se realizará o venres, 25 de febreiro ás 12.00 h na Radio Municipal de Tui. Para recibir o premio deberán presentar o tícket de compra correspondente.  Os vales de compra poderán consumirse nos establecementos participantes, que se poderán consultar na web www.tui.gal o martes 15 de febreiro.

A concelleira de Comercio e Mercado, Ana Núñez, sinala que “Tui é un amor. Namórate de Tui” ten por obxectivo “incentivar as compras no comercio local, así por unha banda convida aos visitantes a vir coñecer Tui e a namorarse de todo o que esta cidade lle ofrece, e doutra banda lanza unha mensaxe directa á cidadanía do importante que é coidar o noso e demostrarlle a Tui que a queremos”. Lembra Ana Núñez ao comerciante “o importante de esforzarse por namorar e enfeitizar aos seus clientes cos seus produtos, atención e servizos”.

Dende o Concello de Tui agradécese a colaboración nesta campaña das dúas asociacións de comerciantes de Tui, ACITUI e EMPRETUI.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad