Sthela Táboas 04/02/2022

Trátase de Emma Rodríguez Pretel, unha veciña de Atios de 22 anos que se graduou en Enfermería co mellor expediente académico da súa promoción

O Concello do Porriño homenaxeou este mércores a unha porriñesa polo Premio Extraordinario á Excelencia Académica recoñecido pola Universidade de Vigo, unha distinción que premia o esforzo dos mellores estudantes en cada unha das titulacións e que se entregaron o venres 28 de xaneiro.

Trátase de Enma Rodríguez Pretel, de 22 anos e veciña de Atios, que acadou o mellor expediente académico do Grao en Enfermería da promoción do 2022, tras rematar o pasado curso. Pero este non é o primeiro recoñecemento ao seu esforzo, xa que no IES Pino Manso, onde cursou ESO e Bacharelato, foi premiada como a mellor da súa promoción; que repetiría no primeiro ano de carreira.

Este mércores Enma foi recibida no Concello do Porriño polo alcalde, Alejandro Lorenzo, e a concelleira de Educación, Carolina González, a quen lles explicou que a súa vocación pola enfermería chegou xa cando se atopaba en segundo curso. “Sempre tiven claro que quería estudar algo da rama sanitaria. Quería ser matrona e por iso me matriculei finalmente en enfermería, pero descubrín que me gusta esta profesión e diferentes ramas da mesma, que esta era a miña vocación aínda que non o soubera antes”.

O rexidor indicou “Sumámonos a este recoñecemento ao mérito e tesón de Emma. Sei que falo no meu nome e no de todos @s porriñeses cando lle digo que nos sentimos profundamente orgullosos do seus logros”. En referencia a estes premios, Lorenzo  “poñen en valor o esforzo dos moz@s que, como Emma, liderarán o desenvolvemento da nosa sociedade nas próximas décadas. Apostar por eles é apostar polo futuro e o talento dos porriñeses”. Agradecendo a Emma o seu “exemplo”, animouna a “seguir traballando por conseguir todas as metas que te propoñas, sabendo que se poden alcanzar”.

Dende que se graduou, a porriñesa leva traballando todo o tempo pero ten claro que seguirá estudando, “na miña profesión e supoño que en todas, é esencial continuar formándose”, por iso Enma afirma “no meu caso, preparareime para ser matrona”.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad