Sthela Táboas 03/02/2022

A compañía  Elefante Elegante abre a programación deste 2022 con esta composición teatral que nos lembra certos valores

Este venres, 4 de febreiro ás 19.00 h no Teatro Municipal de Tui, o escenario abrirá o telón cun grande obxeto baixo o foco; trátase de “Cubo” un espectáculo de teatro xestual da compañía Elefante Elegante, dirixida ao público familiar e que estrea a programación cultural tudense de 2022.

María Torres e Gonçalo Guerreiro dirixen e protagonizan esta obra que transcorre nun cubo de metros de lado onde viven os dous personaxes desta historia. Ela, curiosa e decidida. Él, tenro e divertido. Un día, a curiosidade invade o seu cubo e deciden que queren ir máis aló, descubrir o mundo enteiro. Sempre conseguiron poñerse de acordo ata entón, pero á hora de elixir o seu destino non poden chegar a un consenso.

Ela quere percorrer un camiño en busca de preguntas e el quere buscar respostas na dirección oposta. Que solución atoparán? Norte, Sur, Este ou Oeste? Xuntos ou separados?

O espectáculo ten a súa orixe na abstracción da figura xeométrica do cubo e parte da situación de encerro que todos vivimos para evocar a amizade, as separacións, a necesidade de descubrir o mundo e a aventura de medrar. CUBO é un xogo e un xoguete de fantasía, humor e poesía visual.

As entradas están á venda en www.tui.gal aos prezos de 4 € e 3 €.

Cómpre lembrar que están xa a venda tamén as entradas para os seis espectáculos que conforman a programación de febreiro e marzo no teatro tudense.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad