Sthela Táboas 03/02/2022

A sesión contou coa asistencia do Director de Xestión do Plan Xacobeo, Idelfonso de la Campa, e durante a mesma abordouse o tema da pasarela peonil en Amieirolongo e da inminente instalación de sinalización de interese para os peregrinos

O martes pola tarde celebrouse a primeira Mesa do Camiño do Concello de Mos do ano 2022 á que, ademáis dos concelleiros mosenses de Educación e Servizos para a mellora do entorno rural e urbano, Julia Loureiro e Baldomero Lorenzo, respectivamente; asistiu o Director de Xestión do Plan Xacobeo, Idelfonso de la Campa, e tamén representantes das asociación integrantes da Mesa, entre as que se atopan a Asociación Amigos do Camiño, Fundación Pazo de Mos, A.V.V. Chan do Bosque de Amieirolongo, Sanguiñeda, A Cividade de Louredo, etc.

Durante a sesión recolléronse todas as suxerencias e ideas para poñer en marcha en Mos durante este ano Xacobeo 2022, entre as que se atopan a limpeza e desbroce de varias zonas.

Ademais desde o Concello informouse de que esta semana procederase á sinalización de 3 fontes situadas no Camiño de Santiago ao seu paso por Mos, fontes de Comunidades de Usuarios de Augas, polo que son potables e aptas para o consumo dos preregrinos; e tamén instalaranse paneis informativos en diversos puntos, que inclúen códigos QR con información sobre o lugar no que se atopan e teléfonos de interese para o peregrino.

Abordouse tamén o tema da pasarela peonil en Amieirolongo, Sanguiñeda, pendente do Ministerio de Fomento. Sobre isto Idelfonso de la Campa avanzou que desde o Xacobeo faranse xestións co Ministerio neste senso, para tentar por todos os medios que se axilice a solución para unha zona de tránsito peonil enormemente perigosa e pola que transcorre o Camiño.

A construcción dunha pasarela peonil en Amieirolongo e a humanización da contorna comercial son fundamentais para que se elimine o perigo que supón para os veciños, para os peregrinos e para todas as persoas que transitan a estrada Nacional 550 entre Mos e O Porriño. Unha solución que se leva anos reclamando, pola súa necesidade imperiosa. Por último, na Mesa do Camiño do Concello de Mos de onte, tratouse o deseño da programación cultural que durante o presente ano 2022 se porá en marcha en diferentes ubicacións do Camiño de Santiago, ao seu paso por Mos.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad