Trátase dunha iniciativa do Centro Dramático Galego que subvenciona o transporte a Santiago para poder gozar da obra A Peste, inspirada na novela de Albert Camus e con dirección e dramaturxia de Cándido Pazó
O Concello de Mos, a través ca Concellería de Participación Cidadá, propón unha nova actividade cuxo prazo de inscrición abriuse onte.
Trátase dunha iniciativa que pretende achegar o teatro á veciñanza mosense, e para elo, os interesados poderán contar con transporte gratuito para asistir a una obra profesional en Santiago de Compostela, tendo que aboar únicamente 6 € por persoa en concepto de entrada. Esta interesante actividade conta con subvención do Programa de Mobilidade do Centro Dramático Galego.
Os participantes poderán gozar da obra A Peste, inspirada na novela de Albert Camus e con dirección e dramaturxia de Cándido Pazó. Trátase dunha producción do Centro Dramático Galego que se representa no Salón Teatro de Santiago.
A iniciativa leva por título ‘Sobes ao autobús do teatro?’ e atópase incluida no Programa de Mobilidade do Centro Dramático Galego.
A data en que se realizará a actividade será o19 de febreiro con hora de saída ás 17:45 h e lugar de saída desde o Multiusos das Pozas. A hora de regreso será ás 00:00 h.
O prezo da entrada é de 6 € e o prazo de inscrición permanecerá aberto do 1 ao 17 de febreiro. Trátase dunha actividade para maiores de 18 anos e será obrigatorio presentar o certificado de vacinación COVID.
Para máis información e inscricións, na Sede Electrónica ou na oficina de Participación Cidadá -OMIX- do Concello de Mos.