Sabela Landín 29/01/2022

Inclúe un documento que analiza a violencia sexual e a seguridade con perspectiva de xénero, localiza os espazos e zonas pouco iluminadas ou inseguras e sinala actuacións municipais concretas.

Esta intervención foi financiada pola Deputación de Pontevedra no marco do Programa Diana, executado pola concellería de Igualdade que dirixe Loli Castiñeira.

A Concellería de Igualdade de Salceda de Caselas, dirixida por Loli Castiñeira, ven de presentar un Mapa de Puntos Negros conxuntamente cun documento que detecta os espazos que poidan resultar perigosos ou inseguros para as mulleres da localidade. Este traballo pretende visibilizar todos aqueles lugares nos que, polas súas características, existe mais risco de acoso, abusos ou agresións sexuais sobre as mulleres. O documento analiza o casco urbano de Salceda e a idea é que siga actualizándose en todo o municipio.

O mapa contra o medo será un documento en constante revisión, que se actualizará a medida que a cidadanía alerte de espazos e zonas consideradas inseguras. Para a súa actualización teranse en conta os informes da Policía Local, así como a información que a veciñanza, individualmente ou a través das asociacións, vaia achegando ao concello de Salceda de Caselas por calquera vía.

Esta actuación, incluída no marco do Programa Diana financiado pola Deputación de Pontevedra e que executa a Concellería de Igualdade de Salceda de Caselas, está prevista como medida 1.11 no II Plan Municipal de Igualdade entre Mulleres e Homes, e aparece recollida no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero. Dende o Concello de Salceda lembran que a sensación de inseguridade das mulleres nalgúns espazos públicos, especialmente polas noites, está relacionada coa imposición de patróns de conduta que xera medo e dificulta a circulación libre das mulleres. Por elo a incorporación da perspectiva de xénero á política urbana e de seguridade é un reto conxunto para o crecemento sostible, igualitario e seguro da vila. En ningún caso, debe planificarse como un concepto defensivo nin represivo, senón construtivo, e que contribuirá a eliminar a sensación de temor, medo e inseguridade das mulleres.

En España, apenas se denuncia un 2% dos ataques sexuais. Así, segundo datos do Portal Estatístico de Criminalidade do Ministerio de Interior, en 2020 houbo 11.197 vitimizacións por delitos contra a liberdade sexual en España, 532 en Galicia e 220 na provincia de Pontevedra, 42 por agresión sexual.

Loli Castiñeira “A nosa obriga como responsables municipais é facer todo o que está nas nosas mans para reducir estas cifras que só amosan a punta do iceberg da violencia sexual contra mulleres e nenas. Dende o meu espazo municipal penso deixarme a pel para facer de Salceda un pobo libre de violencias machistas, libre de agresións sexuais, un pobo seguro para as mulleres os 365 días do ano. Este é o meu compromiso inquebrantable”.

Roberto Cameselle, oficial xefe da policía local de Salceda: “Dende a policía local colabórase no ‘Programa Diana’ , identificando espazos urbanos que poden ser un risco para situacións de acoso ou agresión sexuais como son os puntos de baixa iluminación dentro do casco urbano e aportando solucións para que estes lugares sexan máis inclusivos e seguros co obxectivo de diminuír as diferencias e desigualdades entre ambos sexos”

Verónica Tourón, Alcaldesa: “É moi importante que en todos os eidos das nosas vidas as mulleres nos sintamos protexidas e liberadas dos prexuízos machistas e das desigualdades e os espazos físicos das nosas vilas, nos que transcorre a nosa vida diaria, son un deses eidos nos que as mulleres temos que poder pasear con liberdade e seguridade a calquera hora do día ”.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad