Sthela Táboas 28/01/2022

O convenio para a actuación, asinado pola presidenta da Deputación e a alcaldesa de Salvaterra conta un orzamento de preto de 587.000 €, dos que a Deputación achega 498.000 €

 “Hoxe é un día importante para Salvaterra. Grazas a estes recursos imos poñer en valor unha zona moi emblemática e vinculada á historia da vila” asegurou onte a alcaldesa de Salvaterra Marta Valcárcel na sinatura do convenio coa presidenta Carmela Silva para a humanización da rúa Marqués de Viana da vila. Esta actuación, que apostará pola recuperación do espazo público para as persoas contribuíndo a unha economía descarbonizada e aos obxectivos da Axenda 2030, será posible a través dun investimento de 586.867,68 € dos cales a Deputación achega 498.000 € no marco do plan ReacPon.

A presidenta Carmela Silva puxo en valor unha actuación que vai permitir “recuperar espazo público nun lugar moi emblemático de Salvaterra de Miño, facer protagonistas ás persoas e construír unha vila máis amable, máis desexable, non soamente para a veciñanza senón tamén para as persoas que a visitan”. Tamén felicitou ao concello por ter presentado o proxecto ao ReacPon xa que “tiña unhas bases moi esixentes e prazos moi axustados, o que demostra que o mundo local ten a capacidade de presentar ideas maduras, potentes, transformadoras con poucos recursos”. Aproveitou a ocasión a presidenta para remarcar que os concellos “teñen moitos proxectos especiais, extraordinarios, para os que precisan recursos tamén extraordinarios como o ReacPon”. Neste eido puxo en valor a “eficiencia” do mundo local e instou ao resto de administracións a que “dispoñan recursos, porque se contamos con eles somos capaces de facer grandes transformacións”.

Pola súa banda a alcaldesa Marta Valcárcel, agradeceuá Deputación de Pontevedra os recursos que pon a disposición dos concellos a través do ReacPon. “É unha oportunidade para nós, xa que nos permite poñer en marcha proxectos ambiciosos de importe elevado”, asegurou ao tempo que manifestou que a sinatura do convenio converte a esta xornada “nun día moi importante para Salvaterra de Miño” xa que “grazas a estes recursos imos poder poñer en valor unha zona moi emblemática e vinculada á historia da vila, poñendo a contorna a disposición da nosa veciñanza e das persoas que nos visiten”.

Esta actuación suporá a transformación da rúa Marqués de Viana, entre a rotonda de acceso ao Castelo de dona Urraca e a praza de Abastos, na área enmarcada na zona de afección do castelo e da rede ferroviaria. Consistirá na recuperación do espazo público para as persoas a través da creación dunha plataforma única, con calzada e beirarrúas de anchura continua que permitirá ampliar o espazo ata en dúas veces a superficie actual para as persoas.

Tamén se reducirá o ancho da calzada, entre a rotonda e a praza de Abastos, para reducir a velocidade dos coches e eliminar estacionamentos irregulares e en dobre fila,  e eliminarase o pavimento actual substituíndoo por lousa de formigón, para priorizar o uso peonil. Amais pavimentarase a zona do parque, para manter continuidade coa beirarrúa adxacente; eliminaranse as barreiras arquitectónicas para crear espazos accesibles, amplos e continuos; mellorarase a eficiencia enerxética e instalarase novo mobiliario urbano, así como nova rede de servizos e sinalizacións.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad