Sthela Táboas 27/01/2022

A inversión ascende a 125.619 €, dos que a Deputación achega o 80% e a Administración local o 20% restante cun prazo de execución de 3 meses de traballos, que inclúen a execución de dous pasos sobreelevados e sendas en ambas marxes da estrada provincial

A Deputación de Pontevedra completa a tramitación administrativa e prevé comezar a primeira semana de febreiro os traballos de mellora da seguridade viaria e a mobilidade peonil na EP3001 en Rebordáns, no Concello de Tui. Os deputados de Infraestruturas, Gregorio Agís, e Cooperación, Santos Héctor  Rodríguez, xunto ao alcalde do municipio, Enrique Cabaleiro, visitaron esta mañá a zona de execución dos traballos. O proxecto adxudicado por 125.619 € prevé dotar a estrada dunha zona de tránsito seguro e boa visibilidade, seguindo o modelo de mobilidade segura e sostible que está a implantar a institución provincial nos 61 concellos da provincia.

As obras que comezarán nos vindeiros días afectarán a un treito de 155 m da estrada EP-3001 e financiaranse por medio dun convenio firmado entre a Deputación e o Concello. O acordo establece que o 80% dos fondos corresponden a orzamento provincial mentres que a administración local aportará o 20% restante.

Esta actuación permitirá habilitar dous pasos sobreelevados na calzada para reducir a velocidade dos automóbiles na zona e aumentar o radio da curva existente. A renovación completarase coa construción dunha senda peonil de dos metros e medio de ancho pola marxe esquerda. Pola dereita leva unha cuneta transitable.Tamén se pavimentará o treito con novo firme, realizarase pintado das marcas lonxitudinais e superficiais, instalaranse novas sinais verticais e melloraranse servizos como a rede de pluviais, de alumeado e telecomunicacións. O prazo de execución dos traballos é de 3 meses.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad