Sthela Táboas 24/01/2022

Dende a Administración local estanse xa a elaborar as bases para o desfile de comparsas que se celebrará se o protocolo sanitario o permite

O Concello do Porriño anunciou hoxe que xa está a traballar na elaboración das bases do Entroido 2022.

Deste xeito e, seguindo de preto a evolución da pandemia e tamén do protocolo establecido pola Xunta de Galicia que permita determinar a data do desfile, o goberno municipal aclarou hoxe que “o Entroido volverá este ano ás rúas do Porriño e xa se está organizando”.

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, declarou “Temos claro que esta é unha das festas máis agardadas por moitos porriñeses e porriñesas e por iso decidimos seguir adiante e facelo con todas as garantías sanitarias. En principio  o desfile de comparsas e o Enterro da Sardiña celebrarase nas datas establecidas, sempre que os protocolos sanitarios e a situación epidemiolóxica nos permita facelo con seguridade. De non ser así, o aprazaremos para cando sexa posible, pero o Entroido anegará as nosas rúas este ano”.

O concelleiro de Cultura, Bienvenido Estévez, animou ás comparsas a “ir preparando os seus disfraces e carrozas para devolver a cor, humor e troula destas festas á nosa vila”.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad