Sabela Landín 20/01/2022
Mos

O Secretario Xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, visitou hoxe Mos para comprobar os resultados das obras, nas que se investiron preto de 200.000 euros entre fondos propios municipais e autonómicos.

O Secretario Xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, visitou hoxe Mos para comprobar os resultados de obras de mellora e construcción de infraestruturas deportivas en San Rafael, que contaron con subvención autonómica, e dotacións para os Campos de Futbol das Baloutas e Cototorrón, da UD Mos e Club Louro Tameiga, respectivamente.

Lete Lasa estivo acompañado por Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos, Camilo Augusto, tenente alcalde e concelleiro de Vías e Obras, José Areal, concelleiro de Deportes e o concelleiro da parroquia de Pereiras, de Mocidade e Medio Ambiente Sostible, Leo Costas.

A zona de San Rafael, na parroquia de Pereiras, viuse beneficiada dunha importante optimización grazas ao investimento de fondos autonómicos e locais. Grazas á subvención por parte da Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo da Xunta de Galicia por importe de preto de 28.000 euros (o orzamento total supera os 37.000 euros) realizouse a mellora da eficiencia enerxética na rede de luz pública mediante a instalación de iluminación led.

Trátase dun proxecto de mellora integral da zona de San Rafael (parroquia de Pereiras), que inclúe tamén unha nova pista deportiva multideporte, unha pista de skate park e mellora da seguridade viaria.

A obra da pista multideporte realizouse grazas a un convenio de cooperación coa Secretaria Xeral para o Deporte polo importe total de 19.986,58 euros, asumindo a Secretaría Xeral para o Deporte 17.755,96 euros e o Concello de Mos os 2.230,62 euros restantes.

Pola súa banda o skate park conta tamén con subvención autonómica por parte da Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo de case 35.000 euros (o orzamento total ascende a preto de 50.000 euros).

A maiores o Concello asumiu a instalación do céspede artificial da pista multideporte, a zona de calistenia, a ampliación da zona de skate e circuito BMX e os traballos de xardinería aportando 73.909,87 euros de fondos propios a maiores. Polo que o total da inversión realizada nesta melllora de San Rafael ascende a 180.933,01 euros.

O Secretario Xeral para o Deporte visitou tamén esta mañá os campos de fútbol das Baloutas e Cototorrón onde puido saúdar aos presidentes da Unión Deportiva Mos e do Club Louro Tameiga, Pablo Alonso Serodio e Patricio Farrapeira, respectivamente, instalacións deportivas municipais que foron dotadas de novo equipamento deportivo, cuxa adquisición foi posible grazas a un convenio de colaboración entre o Concello e a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

As infraestruturas deportivas beneficiarias desta renovación de material son o Pavillón Oscar Pereiro (ximnaxio e piscina), Campo de Fútbol das Baloutas e Campo de Fútbol de Cototorrón.

Así, Concello de Mos e Secretaría Xeral para o Deporte, participaron conxuntamente neste proxecto de renovación de material deportivo en dotacións municipais co obxectivo de potenciar o deporte base sendo conscientes da importancia da súa colaboración para afrontar melloras que beneficien ao conxunto dos cidadáns para a práctica deportiva.

O importe total das actuacións realizadas ao abeiro deste convenio ascende á cantidade de 14.979,80 euros, destinado á adquisición de equipamento para diferentes instalacións municipais, aportando a Secretaria Xeral para o Deporte un 90% do total e o Concello de Mos o 10% restante. Deste xeito adquiríronse para o ximnasio do Campo de Fútbol das Baloutas da Unión Deportiva Mos, elípticas, bicicletas estáticas, máquinas de remo e material diverso, ao igual que para o ximnasio do Campo de Fútbol de Cototorón do Club Louro Tameiga. Mentres que para o Pavillón Óscar Pereiro adquiriuse unha nova máquina de musculación, banco, discos, material vario para natación, aquagym e waterpolo e outro tipo de material deportivo.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad