O luns comezan obras para reparar os afundimentos rexistrados. Renovaranse 10 metros de tubaxes da rede de saneamento. O tráfico na zona permanecerá pechado ao longo dunha semana
O próximo luns, 24 de xaneiro, comezarán na praza da Estrela, no conxunto histórico de Tui, obras para reparar os afundimentos rexistrados en distintas lousas de pedra do pavimento así coma as filtracións detectadas procedentes da rede de saneamento. Os traballos serán acometidos polo Consorcio do Louro, e terán unha duración estimada dunha semana.
Debido á realización destas obras de reparación dende o próximo luns os residentes non poderán acceder en vehículo á praza da Estrela, a circulación cortarase no tramo da rúa Cuenca comprendido entre a praza de Fromista e a propia praza da Estrela.
O Concello de Tui tras detectar os afundimentos en distintos puntos da praza da Estrela comunicou a situación ao Consorcio do Louro que elaborou un informe sobre os mesmos. No estudo realizado detectouse unha tubaxe sen saída que será taponada. Entre os traballos a realizar figura tamén a renovación de 8 metros de tubaxe de PVC de 315 mm entre dous pozos de rexistro, dotándoa da pendente axeitada, e de 2 metros máis de tubaxe entre un dos pozos de rexistro e a taxea existente. Os traballos concluirán oca reposición do pavimento de lousas de pedra existentes.