Sabela Landín 20/01/2022
Mos

A Xunta de Voceiros con representación dos diferentes grupos da Corporación Municipal reuniuse onte coa nova directiva e a administradora da Comunidade de Propietarios.

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o xurídico do departamento municipal de Urbanismo, xunto co tenente alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Camilo Augusto, e demais voceiros dos grupos da Corporación Municipal, reuníronse onte pola tarde no Multiusos das Pozas coa nova directiva e a administradora da Comunidade de Propietarios da Urbanización de San Antoíño, na parroquia de Louredo.

Tras a sentenza favorable ao Concello de Mos, que establece o ámbito privado da urbanización, e a vontade de consenso por parte da nova directiva da Comunidade de Propietarios, retómanse as xestións e traballo conxunto de cara a que sexa posible unha futura recepción da Urbanización por parte do Concello.

O primeiro punto abordado entre ambas partes, e principal prioridade, é a conexión da urbanización á rexe xeral de saneamento do Consorcio de Augas do Louro. Unha obra cun orzamento total de 150.000 euros cuxa execución será asumida entre o Consorcio e os propios veciños, subsanando así unha problemática de fai moitos anos.

Desde xeito, goberno local e Corporación Municipal agradeceron a vontade da nova directiva de empezar a traballar conxunta e consensuadamente co Concello e trazar as liñas para solucionar a situación da Urbanización de San Antoíño. Así, a Comunidade de Propietarios iniciará a continuación a redacción do proxecto das necesidades a executar, como a mellora de beirarrúas, entre outras, e a avaliación dos custes das mesmas; contando sempre co asesoramento, axuda e colaboración dos técnicos municipais.

Continuarase, polo tanto, avanzando no procedemento do que se irá dando conta en futuras reunións.

Por parte dos representantes municipais, Arévalo e Augusto, expresouse a “man tendida do Concello, que colaborará en todo o posible coa Comunidade de Propietarios, tanto axundando técnicamente no proxecto como na búsqueda de fondos noutras administracións, etc.”

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad