Sabela Landín 20/01/2022
Fitur

As mosenses Nidia Arévalo e Vanessa Ferreira, alcaldesa e responsable do Albergue de Santa Baia, respectivamente, presentaron hoxe a proposta do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño: ‘Mulleres no Camiño Portugués’.

A alcaldesa, Nidia Arévalo, e Vanessa Ferreira, membro da Fundación Pazo de Mos e responsable do Albergue de Peregrinos Santa Baia interviron esta mañá na presentación do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño en FITUR.

O Xeodestino levou á cita do turismo internacional en Madrid ás ‘Mulleres no Camiño Portugués’, unha orixinal proposta na que varias protagonistas vinculadas profesionalmente ao mundo do turismo ofrecen unha narración coral contando a súa experiencia e a importancia que ten para os concellos do territorio o Camiño de Santiago.

As propias protagonistas, entre elas a mosense Vanessa Ferreira, presentaron a iniciativa acompañadas da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, no stand oficial de Galicia no pavillón 9 de FITUR.

Este foi o último evento da rexedora de Mos como representante institucional do Xeodestino, tras dous anos ao fronte tras a chegada da pandemia e a reactivación da actividade o pasado ano. A partir de agora dálle o relevo como representante institucional o alcalde de Nigrán, Juan A. González.

Os 14 concellos que abrangue este Xeodestino son A Guarda, Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, Mos, Nigrán, O Porriño, O Rosal, Oia, Pazos de Borbén, Redondela, Soutomaior, Tomiño e Tui. O  Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño participa por terceiro ano consecutivo na Feira Internacional de Turismo de Madrid, FITUR, un dos principais encontros do sector turístico de Europa.

Na súa intervención a rexedora local mosense destacou que “este ano presentamos en FITUR unha narración coral na que as protagonistas son as MULLERES DO CAMIÑO PORTUGUÉS. Todas son profesionais no ámbito do turismo e todas teñen en común a súa dedicación e relación co Camiño Portugués. Estas mulleres que hoxe nos acompañan nesta presentación, Mar, Noelia, Patricia, Rosalía, Lucía, Vanessa,
Silvana… e moitas outras, forman parte e son protagonistas deste vídeo polo seu traballo. Para nós o desenvolvemento sostible do turismo ligado ao
Camiño Portugués ten unha importancia social, cultural e económica innegable no noso territorio. Para elas e para todas as mulleres traballadoras que axudan a transformar e mellorar as nosas prestacións turísticas, grazas”. Arévalo aproveitou para “agradecer o traballo colectivo dos 14 concellos do sur da provincia de Pontevedra que formamos parte do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño. Tecendo estratexias conxuntas somos mellores, máis eficientes e xeramos sinerxias que son imprescindibles para recoñecernos nun territorio común. Un territorio digno de coñecer”. A alcaldesa dedicou tamén un especial agradecemento a Turismo de Galicia.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad