Sthela Táboas 20/01/2022

A xuntanza mantida coa asociación de veciños O Castelo de Cans foi unha primeira toma de contacto onde @s veciñ@s lle trasladaron a necesidade de solucionar varias cuestións que afectan á parroquia

Representantes da Asociación de Veciños Castelo de Cans mantiveron un encontró co alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, e o concelleiro de Asociacións, Parroquias e Cultura, Bienvenido Estévez; na que trasladaron ao goberno municipal as necesidades da súa parroquia.

Esta é a segunda xuntanza, tras a de Torneiros e A Forna, das que dende o Concello se están a manter coas asociacións culturais e veciñais do municipio, os veciños trasladaron a necesidade de solucionar varias cuestións como a limpeza, alumeado, o asfaltado de viais e varias intervencións que se requiren en vivendas e lugares puntuais.

Dous dos temas que centraron a xuntanza foron a histórica reclamación da veciñanza, para o acondicionamento do local que utiliza a asociación de veciños e o arranxo da bancada e peche do torreiro.

Co compromiso de responder ás peticións da veciñanza de Cans o Alcalde afirmou que inciará “as xestións precisas para solucionar os problemas que nos trasmiten e ir valorando da man dos veciñ@s que se poidan presentar”.

Lorenzo prometeu “traballar desde xa para que a veciñanza desta parroquia recupere a confianza no seu Concello” concluindo que a de Cans “é unha parroquia pequena, como a miña, pero ten o mesmo peso que as outras que forman O Porriño e nesa liña traballaremos”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad