Sthela Táboas 18/01/2022

Licitarase o mantemento e limpeza da senda fluvial xa que o acondicionamento do paseo xa estaba en marcha da man dos alumnos de Carpintería do Obradoiro de Emprego ‘Porriño Labora’

O Concello do Porriño continúa co plan de  recuperación e acondicionamento do paseo do río Louro, posto en marcha a finais do pasado ano, a fin de recuperar este espazo como a alternativa verde de lecer saudable.

A tal fin, o rexedor porriñés anunciou hoxe que xa se traballa na licitación do mantemento e limpeza da senda fluvial. “O paseo do Louro é un lugar moi frecuentado polos veciñ@s para facer deporte ou pasear ao carón do río e é esencial que se atope en boas condicións para poder disfrutar da contorna natural que ofrece. É o pequeno pulmón verde do centro urbano e neste intre atópase en moi malas condicións, por falta de mantemento, limpeza e iluminación”.

No marco deste plan de recuperación, prosíguese co acondicionamento funcional e estético da senda que discorre ao carón do río e das súas pontes. Unha labor que levan a cabo os 10 alumn@s traballadores da especialidade de carpintería do Obradoiro de Emprego Porriño Labora, promovido polo Concello do Porriño a través dunha subvención solicitada en marzo do 2021 polo anterior goberno local á Xunta de Galicia, concedida en setembro do pasado ano pola Consellería de Emprego e Igualdade cunha cuantía de 346.096 €.

O rexedor, acompañado pola concelleira de Emprego, Rosario Costas,  persoal do Obradoiro de Emprego e técnicos municipais, visitou hoxe a zona para valorar sobre o terreo as accións que se van a acometer.

Alejandro Lorenzo detallou: “Realizaranse reparacións no valado de madeira do paseo, repararemos os tramos das pontes que se atopan en mal estado e recuperaranse os bancos  que hai na senda que están deteriorados. Tamén se ampliarán tramos con pavimento de madeira para poder pasear con comodidade, en definitiva, arranxaranse todos os elementos que se atopan na senda respectando a contorna natural”.

As mesmas actuacións que explicaba o anterior concelleiro de Emprego, David Alonso, cando se iniciaba o ‘Porriño Labora’: “Deste xeito, na especialidade de carpintería o plan de formación inclúe traballos de acondicionamento funcional e estético do Paseo do Río Louro, consistentes na reparación do valado de madeira existente no paseo, os tramos das pontes en mal estado, recuperación dos bancos existentes deteriorados polo paso de tempo e o vandalismo, e nos tramos existentes con pavimento de madeira”.

Pola súa banda, Rosario Costas, quixo destacar que estes obradoiros de emprego nas especialidades de Carpintería e Construción son “unha moi boa oportunidade para as persoas que carecen de formación xa que, se obteñen por un lado formación certificada con Certificados de Profesionalidade válidos en todo o país e á vez perciben un soldo”.  

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad