Sthela Táboas 18/01/2022

O grupo municipal rexistrou para o vindeiro Pleno a solicitude xa que “a escaseza de sitio obriga a deixar os vehículos en zonas non habilitadas”

EU Son do Porriño rexistrou hoxe no Concello do porriño unha moción para a vindiera sesión plenaria, na que “somete á consideración do Pleno que se abran negociacións cos titulares das fincas situadas arredor da Fase I para unha posible compra, cesión ou arrendamento de terreo, coa finalidade de destinalo a aumentar as prazas de aparcamento para os veciñ@s da Fase I de Torneiros”.


É evidente a escaseza de prazas de aparcamento nas distintas fases de vivendas pero, especialmente na Fase I. Veciñ@s estacionan os seus vehículos do mellor xeito posible pero, as veces, vense na obriga de facelo en zonas non habilitadas e son multados”. Ademáis, os veciñ@s vense na obriga de “deixar os coches bastante lonxe dos seus portais e desprazarse de noite, moitas veces con choiva”.

A solución proposta por EU Son na moción contempla que “hai espazos en fincas contiguas, tanto propiedade da Comunidade de Montes como de particulares”, e insisten en que “debe abrirse esta vía de negociacións para tratar de solucionar un problema que afecta a moitas familias”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad