Sthela Táboas 12/01/2022

Angélica Mercado, mestra especialista en estudios de xénero e políticas de igualdade, foi a encargada de impartir a sesión  

O IES Ribeira do Louro acolleu onte una charla informativa sobre agresións e violencia sexual, dirixida aos alumn@s de 1º curso de bacharelato; impulsada desde a Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e organizada pola concellería de Igualdade do Concello do Porriño.

A sesión foi impartida por Angélica Mercado Torres -mestra de profesión, especialista en estudios de xénero e políticas de igualdade- que conta cunha ampla experiencia en programas a mulleres migrantes e con discapacidade psíquica.

Os alumn@s do centro de estudos de Torneiros abordaron os estereotipos de xénero, a tipoloxía de violencia sexual, a cultura da violencia, o consentimento, e outros recursos relacionados coas agresións sexuais.

A concelleira de Igualdade, Carolina González, que tamén participou na charla, salientou que “a violencia sexual é un problema na nosa sociedade que debemos abordar dende todos os ámbitos. O máis importante é a concienciación, a formación e a información dende o ámbito educativo para que as nenas e nenos, mozas e mozos se formen e eduquen nos valores da igualdade e o respecto, e  eles serán nun futuro eses adultos que mostren tolerancia cero a calquera tipo de violencia”.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad