Sthela Táboas 12/01/2022

O Servizo Municipal de Emerxencias está dotado dunha partida do orzamento municipal anual de 100.000 €, dunha base cunhas instalacións totalmente equipadas, dun coordinador do Servizo traballador municipal e de 4 camións motobomba

Este operativo supón un importantísimo apoio e reforzo para o Servizo Municipal de Emerxencias e trátase dunha dotación enormemente necesaria para a localidade mosense e aplaudida pola veciñanza

Esta mañá produciuse a aprobación en Pleno pola maioría dos seus membros, cos votos a favor do goberno local (PP) e do grupo municipal do PSOE de Mos e os concelleiros non adscritos Verónica Costas e Román González, e a abstención de GañaMos e BNG, do Convenio de Colaboración en materia de Emerxencias e Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais, para o desenvolvemento do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de Mos durante os anos 2022 e 2023.

O operativo mosense, está dotado de 6 operarios e supón un importantísimo apoio e reforzo para o Servizo Municipal de Emerxencias e para Protección Civil de Mos.

O convenio asinado entre a administración local mosense, Xunta de Galicia, Federación Galega de Municipios (FEGAMP) e Deputación de Pontevedrapara a continuidade durante 2 anos do novo GES de Mos considérase fundamental pola alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Emerxencias e Medio Ambiente Sostible, Leo Costas, posto que “este operativo supón un importantísimo apoio e reforzo para o Servizo Municipal de Emerxencias de Mos e para a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Mos”, declararon os representantes municipais.

Arévalo e Costas, declararon que “a administración local mosense conta cun Servizo Municipal de Emerxencias que por número de habitantes non estaría obrigada a ter e que está dotado dunha partida do orzamento municipal anual de 100.000 €, dunha base cunhas instalacións totalmente equipadas, dun coordinador do Servizo traballador municipal e de 4 camións motobomba”.

“É por elo que está demostrada a necesidade deste GES que tamén temos sobradamente merecido”, insistiu a rexedora local mosense. Arévalo destacou que esta dotación é enormemente necesaria para a localidade mosense e aplaudida pola veciñanza.

O Grupo de Emerxencias Supramunicipal mosense está operativo desde fai uns meses integrado dentro do mencionado Servizo Municipal de Emerxencias do Concello de Mos. A aportación económica anual por parte da administración local que require o convenio para o desenvolvemento do GES de Mos ascende a 10.500 €. Na Comisión de seguimento dos Grupos de Emerxencia Supramunicipal (GES), están representadas a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e as Deputacións provinciais.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad