Sthela Táboas 11/01/2022

Informan do perigo que supoñen en lugares próximos a casas, estradas, cableado do tendido eléctrico, etc. de ahí a necesidade de que os particulares propietarios se encarguen de cortalas

O concelleiro de Medio Ambiente Sostible do Concello de Mos, Leo Costas, informou onte da caída dunha gran árbore na parroquia de Pereiras, co obxectivo de concienciar sobre a necesidade de cortar os exemplares próximos ás casas para evitar o perigo que representan.

O suceso aconteceu ás 03.00 h da madrugrada do sábado 8 ao domingo 9 de xaneiro. Tratábase dunha acacia de máis de 20 m de altura que caeu ao carón dunha vivenda, invadindo o terreo exterior da mesma.

Ata o lugar desprazáronse efectivos do GES de Mos, dos Bombeiros do Consorcio Provincial do parque de O Porriño e da Policía Local de Mos, que estiveron preto de 3 h traballando para retirar o perigo; e regresarán para solucionar totalmente o problema.

Costas explicou que, entre os danos causados pola árbore, atopábase a intransitabilidade de parte do Sendeiro dos Muíños da Salgueira, no tramo do Albán, que permanecerá cortado o paso ata que quede totalmente despexada, o que se producirá ao longo desta mesma semana.

Deste xeito o concelleiro Leo Costas insistíu na importancia e necesidade da concienciación da veciñanza e particulares propietarios de fincas no Concello de Mos sobre a corta das árbores próximas ás casas, estradas, cables do tendido eléctrico, etc.

“O caso acontecido en Pereiras é un claro exemplo do perigo silencioso que representan estas árbores, que poden incluso chegar a poñer en perigo vidas humanas e non só causar desperfectos materiais”, concluíu o edil de Medio Ambiente mosense.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad