Sthela Táboas 11/01/2022

Trátase dun ámbito de 2.630 m2 asignado á empresa Arbinova, que xa contaba cunha superficie de 2.570 m2 neste ámbito localizado no sur da provincia de Pontevedra

O director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, Heriberto García Porto, asinou esta mañá as escrituras de adxudicación -en réxime de dereito de superficie- da parcela asignada á empresa Arbinova na Plataforma loxísitica e industrial de Salvaterra-As Neves –Plisan-.

Na sinatura de escrituras tamén participaron representantes da Autoridade Portuaria de Vigo e da Zona Franca, promotores -xunto co IGVS- da Plisan.

O ámbito adxudicado suma unha superficie de 2.630,23 m2 e foi vendido en réxime de dereito de superficie, unha opción que permite á empresa acceder ao solo empresarial nas mellores condicións económicas, xa que os dous primeiros anos o canon a pagar é de 1,08 € por m2/ano.

Cómpre lembrar que a mesma empresa xa dispón doutra parcela na Plisan, adxudicada en 2020, cunha superficie de 2.570,90 m2 que é contigua á parcela adxudicada.

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad