Sabela Landín 09/01/2022

O programa #OlympeEmprende quere ser un recurso completo e innovador ao servizo das mulleres emprendedoras que queiran iniciar unha iniciativa de economía social e solidaria con impacto ou que teñan creado unha cooperativa durante o 2021-2022 en Galicia para reforzar o liderado feminino

Con este fin, ofrece a 14 mulleres, de xeito gratuíto, un itinerario formativo, sesións de intercooperación, xiras de emprendemento, seminarios web e apoio estratéxico, territorial e competencial durante o ano 2022 para promover ideas de negocio con impacto na comunidade

Premio económico de ata 3.000 € para o establecemento de cooperativas

O Programa #OlympeEmprende forma parte da convocatoria CEPES POISES, cofinanciada polo Fondo Social Europeo

O Programa #OlympeEmprende liderado por Tandem Social, Abeluria e Wazo Coop é unha iniciativa que apoiará o emprendemento feminino con valores e principios de economía social e solidaria en Galicia a través de formación con perspectiva de xénero, apoio individual e colectivo e conexión de experiencias emprendedoras a nivel local.

O Programa #OlympeEmprende seleccionará iniciativas de Galicia, unha rexión con gran potencial na economía social e no emprendemento feminino. #OlympeEmprende está dirixido a todas aquelas iniciativas emprendedoras en Galicia lideradas por mulleres asentadas no territorio, que practican a intercooperación, garanten a democracia interna, incorporen a economía e o coidado feminista nas súas prácticas, promoven a diversidade na composición e participación e teñen en conta impacto ambiental da súa actividade. En definitiva, proxectos que poñan ás persoas no centro da súa actividade.

#OlympeEmprende, que ofrecerá formación, apoio individual e colectivo, seminarios web, tours de emprendemento, sesións de intercooperación e a posibilidade de optar a un premio económico ás mellores iniciativas que permita o apoio á constitución de cooperativas no territorio dirixidas por mulleres. O programa desenvolverase desde febreiro ata principios de xullo (2022) e valorará que as iniciativas teñan entre os seus obxectivos a consecución dun impacto social (como mellorar o benestar humano e a equidade social).

Pódense presentar iniciativas que se atopan nunha fase inicial (ideas de negocio que non se iniciaron e que se atopan nunha fase de desenvolvemento mínimo, sen necesidade de definir un modelo de negocio). As inscricións están abertas ata o 16 de xaneiro.

Formación e acompañamento individual e colectivo

Tandem Social, Abeluria e Wazo Coop levarán a cabo o programa e formarán de xeito virtual aqueles proxectos seleccionados, explicando o concepto de empresa de economía social e solidaria, modelos de negocio, mercadotecnia e comercialización ou fontes alternativas de financiamento. E á súa vez, realizarán acompañamento virtual individual e colectivo dos proxectos para axudar ás necesidades específicas de cada proxecto emprendedor.

O programa #OlympeEmprende pretende honrar a memoria de Olympe de Gouges, unha revolucionaria esquecida. Defendeu a igualdade entre homes e mulleres en todos os aspectos da vida pública e privada e en 1791 escribiu a Declaración dos dereitos da muller e da cidadá. O #OlympeEmprende quere ser un compromiso coa igualdade promovendo a creación dun programa que apoie a creación de novas cooperativas lideradas por mulleres que promovan a transformación.

#OlympeEmprende forma parte da convocatoria #POISES, promovida polo CEPES como órgano intermedio do Programa Operativo de Emprego, Formación e Educación (POEFE) do Fondo Social Europeo (FSE). Todas as accións son gratuítas e cofinanciadas polo FSE para acadar unha formación e emprego de calidade.

Condicións de participación

Formulario de inscrición

Vías de contacto olympeemprende@tandemsocial.coop e por teléfono 661 54 90 06

Deja un comentario.

Tu dirección de correo electrónico no será visible. Los campos obligatorios están marcados con *

Información básica sobre protección de datos Ver más

  • Responsable Sthela María Táboas González.
  • Finalidad  Moderar los comentarios. Responder las consultas.
  • Legitimación Tu consentimiento.
  • Destinatarios  Sthela María Táboas González.
  • Derechos Acceder, rectificar y suprimir los datos.
  • Información Adicional Puedes consultar la información detallada en la Política de Privacidad.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, aceptas el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Personalizar Cookies
Privacidad